Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN CENTENAR DE PERSOAS SUBIRANSE Á PASARELA DO "IV DESFILE SOLIDARIO" NO PAZO DA CULTURA
A actividade comezará ás 20.00 horas do día 13 de maio e recadará alimentos non perecedeiros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón
Narón, 11 de maio de 2016. Un centenar de persoas de Narón, Ferrol, A Coruña, Viveiro e Vigo subirán este venres, día 13, á pasarela no Pazo da Cultura para participar no “IV Desfile solidario” organizado polo Concello de Narón coa colaboración da Asociación Dignidad, de Cáritas Santiago Apóstol e da delegación de Ferrolterra da Plataforma de Afectados pola Hipoteca. A edil de Acción Social, Catalina García, será unha das encargadas de desfilar con algún dos modelos cedidos para a ocasión co fin de recaudar alimentos non perecedeiros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Na presentación do evento acompañaron hoxe á concelleira naronesa a presidenta da Asociación Comercio de Narón, Olga Ameneiro, e a de Dignidad, Dolores Romero, xunto coa psicóloga desta última entidade, Laura Toimil. “Máis contenta non poido estar coa colaboración dos comerciantes, hostaleiros e agrupacións de baile e música nesta edición do desfile, sendo a primeira vez que facemos un chamamento ao colectivo e respondendo todos tan ben”, apuntou a edil de Acción Social. O desfile comezará ás 20.00 horas e as entradas poden recollerse xa (de balde) nas tendas da Asociación Dignidade –na rúa 25 de Xullo en Narón e nas rúas Alegre, María e Nova de Caranza, en Ferrol- e na taquilla do Pazo da Cultura. Para poder entrar ao evento deberase levar o ticket ao Pazo o venres e entregar, como mínimo, un quilo de alimentos non perecedeiros. O acto comezará con actuacións musicais, sucedéndose no evento as que protagonizarán alumnos e alumnas da Escola de Bailes de Salón do Padroado da Cultura de Narón, Carlos Mosquera Mos, o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, coa profesora Graciela Galdo, e alumnado da profesora de canto Beatriz Rivas, da Escola da Vaca, de Ferrol. Haberá pases de roupa casual, de festa, e nupcial, así como un sorteo de varios agasallos –prendas doadas e complementos e tamén comidas e ceas por cortesía de hostaleiros locais- e unha sorpresa ao final do acto. A presidenta de Dignidad valorou o feito de que ano tras ano, no Desfile solidario de Narón “cada vez integramos a máis persoas que se interesan por participar” e tamén a boa disposición dos empresarios que colaboran e do propio Concello de Narón. A Asociación Comercio de Narón cede prendas de roupa, calzado e bisutería para o desfile, colaborando ademais con sesións de maquillaxe e perruquería, e tamén impulsou nas últimas semanas unha campaña de recollida de produtos de hixiene para os usuarios das citadas instalacións. A presidenta desta asociación, Olga Ameneiro, agradeceu ao Concello que contase co colectivo para este evento. “Estamos encantados de poder participar e ofrecemos a nosa axuda para calquera acto desta índole que se organice”. Pola súa parte, García agradeceu as diferentes colaboracións prestadas desde a localidade e tamén por establecementos do veciño municipio de Ferrol que quixeron sumarse a este evento solidario. A concelleira recordou ademais que se habilitou unha “Fila 0” a través da que se poden realizar donativos económicos, na conta do Banco Pastor: ES-95-0238-8158-060600070448. Os cartos, explicou, destinaranse a axudar ás familias do Centro de Recursos a pagar recibos de aluguer, auga ou luz. “Será un desfile real, de persoas da rúa, de todas as idades, todas as tallas”, asegurou a edil de Acción Social, que incidiu no feito de que este acto ten tamén un apartado moi relacionado coa Participación Cidadá. A edil naronesa fixo un chamamento á veciñanza para que entre todos e todas “poidamos encher este venres o Pazo de solidariedade e axudar a todas esas familias usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal