Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA CON OBRADOIROS, EXPOSICIÓNS E UNHA CAMIÑATA OS ACTOS DA
A programación continuará ao longo de toda a semana en varios puntos do municipio e clausurarase o domingo co "I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón"
Narón, 23 de maio de 2016. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, inaugurou no Pazo da Cultura, o programa de actos da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial que se celebra ata o vindeiro domingo, día 29, no municipio. O edil naronés incidiu en que a convocatoria a desenvolver “é un compendio de todo o traballo realizado ata o de agora e está encamiñada sobre todo aos rapaces e rapazas, pero tamén a moitos outros colectivos sociais, como maiores e embarazadas, entre outros”. O concelleiro naronés agradeceu o traballo realizado polo equipo de Educación Vial do Concello de Narón, organizador dos actos, e de todas cantas persoas participarán esta semana nos mesmos. O médico Carlos Piñeiro impartiu esta mañá no Pazo un obradoiro para maiores no que se abordaron hábitos de vida saudables. O doutor falou aos asistentes do proceso de aproveitamento de oportunidades para manter o benestar físico aumentando a calidade de vida das persoas. “Temos que aproveitar todos os recursos existentes nun territorio, neste caso nun municipio, e intentar orientalos a mellorar o tempo e a calidade de vida”, subliñou. Saúde, participación e seguridade son, explicou, os pilares do envellecemento activo sobre os que hai que traballar día a día. Ao rematar o obradoiro, comezou outro sobre “Medidas de autoprotección na vivenda”, impartido polo Equipo de Emerxencias de Narón, no que se ensinou aos asistentes a adoitar determinadas medidas ante situacións de risco na vivenda ou nas rúas. Pola tarde, veciños e veciñas do municipio participarán nunha camiñata desde o Pazo da Cultura ata o mosteiro do Couto, que comezará ás 17.00 horas e de 17.00 a 18.30 haberá clases de zumba no marco do “Parking day” na Praza da Gándara. O programa do martes 24 comezará ás 10.30 horas no Pazo da Cultura, onde se presentarán os curtos realizados nos colexios de Narón baixo o título “Eu Narón seguro”, ao que asistirán os nenos e nenas dos centros educativos participantes e aberto ao público en xeral. A esa mesma hora –e ata as 12.30-retomarase o “Parking day” na rúa 25 de Xullo, cunha exposición de traballos de alumnado da asociación Nosa Señora de Chamorro e tamén pola mañá, a partir das 10.00 e ata as 13.00 horas e de 17.00 a 20.00, habilitaranse o Parque de Prevención da Fundación Mapfre e a Casa de Evacuación na praza de Galicia –en caso de mal tempo esta última actividade desenvolverase no pavillón polideportivo de Piñeiros-. O Parque de Prevención centrarase o martes nos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, aos que se ensinará a evitar condutas de risco e tamén a coñecer e respectar os sinais de tráfico. A Casa de Evacuación é unha estrutura duns 150 metros cadrados coa que se divulgarán unha serie de normas básicas de evacuación en caso de incendio e tamén coñecementos de Primeiros Auxilios. Na xornada da tarde, o Pazo da Cultura acollerá a presentación, ás 18.30 horas, do conto “Moucho e Cuquiña”, dirixido a alumnado de educación Infantil e primeiros cursos de Primaria. Asistirán ao acto a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro; a autora, Paula Merlán, e o ilustrador, Antonio Seijas. Finalizada a presentación da obra, sobre as 19.00, dará comezo no Pazo a representación da obra “2021: Unha odisea na terra”, cuxa entrada é de balde. Trátase dunha comedia familiar na que se difunden parte das actividades do programa que o equipo de Educación Viaria do Concello –que colaborou nesta obra- desenvolve ao longo do ano. Así mesmo, entre as 16.00 e as 17.00 horas terá lugar a actividade “Vive a coral”, do “Parking day” na praza da Gándara e outro sobre “Mesturas, pinta ao aire libre”, na mesma ubicación, entre as 17.30 e as 20.00.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal