Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MALENA E ERNESTO ALTERIO, ADRIANA OZORES, ENRIC BENAVENT E FERNANDO TEJERO ACTÚAN O 4 DE XUÑO NO PAZO DA CULTURA
O elenco representará a obra "Atchúuusss!", da compañía Lázaro Producciones, a partir das 20.00 horas
Narón, 31 de maio de 2016. Os actores Malena e Ernesto Alterio, Enric Benavent, Adriana Ozores e Fernando Tejero integran o elenco da obra “Atchúuusss!”, que a compañía Lázaro Producciones traerá este sábado, día 4 de xuño, ao Pazo da Cultura. Esta comedia dirixida ao público adulto ten unha duración dunhas dúas horas e comezará a representarse ás 20.00. As últimas entradas poden adquirirse aínda na taquilla do Pazo da Cultura, a un prezo de 18 euros para o público en xeral e de 12,60 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O autor desta obra, na que por primeira vez se suben ao escenario xuntos os irmáns Alterio, é do mestre ruso Antón Chéjov. Os cinco actores interpretarán diferentes personaxes nunha historia na que os sentimentos e o humor farán gozar aos espectadores desde os primeiros minutos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal