Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHAS SEISCENTAS PERSOAS ASISTIRÁN Á XORNADA DE CONVIVENCIA DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A cita diríxese ao alumnado das garderías e ás súas familias e terá lugar o 11 de xuño no paseo marítimo de Xuvia
Narón, 9 de xuño de 2016. O paseo marítimo de Xuvia acollerá o día 11 de xuño a tradicional Xornada de Convivencia das Escolas Infantís Municipais de Narón, na que colabora o Concello. Preto de seiscentas persoas participarán nesta convocatoria, que se desenvolverá entre as 12.30 e as 17.30 horas baixo unha carpa instalada na zona. Os menores matriculados nas garderías da Solaina, A Gándara e Piñeiros –as tres xestionadas polo Concello, dado que a de Xuvia forma parte da rede da “Galiña Azul” da Xunta de Galicia- e as súas familias gozarán dun completo programa de actividades deseñado para a ocasión, tal e como avanzou a edil de Ensino, Mercedes Taibo. A cita comezará coa chegada das familias a Xuvia para, a continuación, dar paso a unha gran variedade de xogos cooperativos nos que poderán participar os menores e as súas familias. A mediodía haberá un xantar comunitario, para o que os asistentes levarán a comida das súas propias casas. A música centrará parte do programa a desenvolver en Xuvia tanto durante a mañá como a primeira hora da tarde. A banda musical “Uxía Lambona e a Banda Molona” –un proxecto musical á vez que formativo- interpretará varios temas populares galegos dun xeito moi dinámico, fomentando así a implicación dos nenos e nenas e tamén dos seus acompañantes. Bailes, xogos e divertidas coreografías sucederanse ao longo da xornada, na que tamén haberá varias sorpresas para os asistentes. “Esta convocatoria prográmase cada ano a modo de intercambio entre as familias, para que poidan coñecerse tanto entre eles como os seus fillos e fillas, compartindo as súas experiencias nas escolas infantís municipais e, ao tempo, a modo de despedida dos nenos e nenas que pasarán o vindeiro curso aos centros de Infantil e Primaria tras finalizar a súa etapa nas garderías”, apuntou Taibo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal