Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA COMUNICAR AO CONCELLO A REALIZACIÓN DE FOGUEIRAS EN SAN XOÁN E SAN PEDRO
Os interesados deberán cumplimentar antes do 21 de xuño unha instancia na que se especifican os requisitos para poder realizar as cacheiras
Narón, 19 de xuño de 2016. Os veciños e veciñas que vaian a realizar unha fogueira en Narón coincidindo coas festividades de San Xoán ou San Pedro deberán comunicalo ao Concello cubrindo unha instancia oficial habilitada para tal fin –pode descargarse da páxina web ou solicitarse no Rexistro municipal- antes do 21 de xuño. Así se recolle nun bando asinado polo alcalde, José Manuel Blanco, e que se repartiu polos diferentes barrios e parroquias do municipio. No documento a entregar deben constar os datos da persoa responsable e a localización da luminaria, quedando prohibido realizalas na vía pública salvo autorizacións expresas do Concello. Así mesmo, no escrito infórmase das medidas de seguridade que deberán cumprir, entre as que están situar a cacheira a unha distancia mínima de 50 metros das vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos e telecomunicacións ou zonas vexetais que poidan arder. As fogueiras non poderán superar os cinco metros de altura nin os tres de diámetro; non se permite a queima de residuos tóxicos nin perigosos, deberán estar vixiadas ata a súa total extinción e contar con medios para poder apagalas axeitados ás dimensións da mesma, entre outros requisitos. Desde o Concello recórdase que se poderán acender a partir das 21.00 horas, debendo extinguilas antes das 3.00 e a obrigatoriedade de garantir a limpeza de residuos ao día seguinte, así como a necesidade de alertar ao servizo de emerxencias do 112 ante calquera posible incidencia.
Descarga de archivos
Instancia lumieiras
Tamaño:280,82 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal