Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE MÚSICA FOLK "MILLADOIRO" ACTUARÁ NA PARROQUIA DE SAN XIAO
A música tradicional galega será a protagonista dunha xornada festiva que se desenvolverá pola noite xunto á pista polideportiva da parroquia
Narón, 27 de xuño de 2016. A música tradicional galega será a protagonista da cita festiva que terá lugar o vindeiro 9 de xullo na parroquia de San Xiao. O Concello de Narón e a AVV Ceibe coorganizaron un evento no que o protagonista será o grupo de música folk Milladoiro, que amenizará esa noite cun concerto de balde que se desenvolverá na zona da pista polideportiva da parroquia. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, destacou o traballo deste grupo musical, recoñecido a nivel internacional como un dos mellores grupos de música celta e cunha numerosa discografía na súa traxectoria musical desde o inicio da súa carreira, a finais da década dos 70. A celebración do concerto coincidirá cunha sardiñada popular que dará comezo ás 21.30 horas na que os asistentes terán a oportunidade de degustar sardiñas e bolos preñados, debendo pagar 3 euros os socios e 8 o resto de asistentes. A concelleira naronesa agradeceu a colaboración da entidade veciñal da parroquia para convocar novamente este evento, que se enmarca no programa de actividades que ao longo do ano coorganiza o Concello nas parroquias e barrios de Narón xunto coas distintas entidades veciñais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal