Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EL COMBO DOMINICANO, LA RICURA E MARCOS MAGÁN ACTUARÁN NO "II FESTIVAL ODEÓN BULEVAR"
O Concello colabora cun colectivo de hostaleiros da zona da Gándara neste evento, que se desenvolverá o 7 de xullo na rúa Cataluña
Narón, 4 de xullo de 2016. Un total de nove empresarios de hostalería con locais na rúa Cataluña, na Gándara, coorganizan co Concello a segunda edición do “Festival Odeón Bulevar”. A cita terá lugar o vindeiro xoves, 7 de xullo, na rúa Cataluña a partir das 20.00 horas. A edil de Festas, Mar Gómez, presentou o evento acompañada por Francisco Paz e Julio Campoy, responsables dos establecementos Cervexería Nueva Orleáns e La Suite, respectivamente. Así mesmo, participan na convocatoria os empresarios dos locais: Caffe Latte, Australian, Momo, El Colonial, Cafetería Eder, Restaurante Cambalache e Cervexería La Quinta. O festival, aberto ao público en xeral e ao aire libre, comezará co DJ Marcos Magán e continuará coas actuacións do grupo La Ricura e da orquestra El Combo Dominicano. Os espectáculos musicais sucederanse nos dous escenarios que se habilitarán na zona e terán lugar de xeito ininterrompido, rematando de madrugada. “É unha programación pensada para un público de menor idade que o pasado ano, cando organizamos un concerto con música da década dos 80, aínda que consideramos que será unha magnífica oportunidade para que a xente de diferentes idades goce ao ritmo da música deste festival”. Os hostaleiros que organizan o evento instalarán unhas barras nas que se servirán bebidas a prezos populares, tal e como avanzaron. Así mesmo, recordaron que os asistentes poderán utilizar os baños e os parkings en superficie e subterráneo do Centro Comercial Dolce Vita Odeón, que permanecerán abertos mentres se desenvolva o festival. As persoas interesadas en recibir máis información sobre o esta convocatoria poden consultar a páxina de Facebook: ODEON Bulevar, creada para publicitar este evento entre a cidadanía e que xa acumula milleiros de visitas. Os hostaleiros agradeceron a colaboración do Concello por segundo ano consecutivo para poder organizar este festival e avanzaron que de cara ao vindeiro ano se analizará a viabilidade de que colabore unha emisora de radio nacional. Pola súa parte, a concelleira de Festas destacou a labor dos organizadores e animou aos veciños e veciñas de Narón e comarca a acudir a esta cita festiva “na que sucederán tres espectáculos musicais de gran calidade e de balde”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal