Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PÚBLICO NO IV MERCADO MEDIEVAL CELEBRADO A FIN DE SEMANA NO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO
Un centenar de postos instaláronse na zona, donde se sucederon espectáculos de música, maxia e malabares, entre outros, desde o 8 ao 10 de xullo
Narón, 10 de xullo de 2016. Milleiros de persoas acudiron esta fin de semana ao Mercado Medieval organizado polo Concello no Parque do Río Freixeiro. A cuarta edición desta convocatoria foi todo un éxito, tal e como asegurou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez. A cita festiva comezou o pasado venres pola tarde e ofreceu aos visitantes a posibilidade de adquirir e degustar unha gran variedade de produtos e, ao tempo, gozar con animados espectáculos organizados para a ocasión, tal e como destacou a edil naronesa. As actuacións do programa do Mercado Medieval sucedéronse durante os tres días, cun grupo de músicos vestidos de época, que percorreron a zona do Parque do Río Freixeiro amenizando a xornada aos visitantes. Pero tamén houbo tempo para os espectáculos cómicos, os malabarismos do grupo Los Triduendes, e baile con Los Alegres Tarados del Ritmo. Os últimos espectáculos previstos para a xornada dominical foron “A captura do dragón”, un dos máis vistosos desta convocatoria festiva e na que o protagonista era a figura dun dragón de tres metros de altura por seis de longo e o dos músicos Olta Gabhar, que trouxeron de novo a animación ao Parque do Río Freixeiro cun pasarrúas. Pechou a programación desde ano do Mercado Medieval o espectáculo: “Queredes ver lume?”. Talleres de talla e gravado en madeira, atraccións de madeira para os nenos e nenas e preto dun cento de postos de venta de artículos de coiro, cerámica, embutidos, xabróns, calzado artesán, bisutería, velas, xoguetes e tamén locais nos que se podían degustar diferentes menús formaron parte, entre outros, da completa e variada oferta deste ano no IV Mercado Medieval. A concelleira de Feiras e Mercados agradeceu aos responsables dos postos a súa participación neste evento, coorganizado coa empresa Géminis Servicios Temáticos, e felicitou aos protagonistas dos diferentes espectáculos polo traballo realizado esta fin de semana en Narón. Así mesmo, Mar Gómez valorou “a excelente acollida que tivo este Mercado Medieval entre os naroneses e naronesas, e tamén entre moitas persoas chegadas doutros concellos para gozar do programa que desde o pasado venres pola tarde se desenvolveu no Parque do Río Freixeiro”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal