Tamén se celebrou o VII Trofeo de Baile Deportivo e de Competición "Concello de Narón", coa participación de 160 parellas de baile.
Narón, 21 de Abril de 2008.- O Pavillón de A Gándara acolleu o pasado domingo 20 de Abril o VII Trofeo de Baile Deportivo e de Competición “Concello de Narón”, e o primeiro Campeonato Galego de Baile Deportivo, na modalidade latinos. O evento estivo organizado pola empresa de servicios culturais Tedaga, en colaboración co Padroado de Cultura e o Padroado de Deportes do Concello de Narón.
A organización inscribiu a 160 parellas para participar no Trofeo de Baile Deportivo –que deu comenzo a partires das 13:00 horas, con participantes dende os 6 anos de idade-, e outras 75 que competiron no Campeonato Galego de Bailes Latinos.
O Campeonato Galego de Bailes Latinos contou cun xurado formado por sete persoas, entre eles dous xuices internacionais. Tamén houbo participantes doutros países, coma Portugal, e moita presencia de parellas de baile de Narón. Entre estas últimas estiveron Román Romero e Sandra García, que representarán a España no Campeonato de Europa de Baile Deportivo (que se celebrará o vindeiro 27 de Abril en Moscú).