Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CAMPAÑA "LA VOZ DEL VIENTO, CIEN KILÓMETROS EN BICICLETA CONTRA EL TTIP" CHEGOU AO CONCELLO DE NARÓN
Dúas rapazas e un rapaz integrantes de Greenpeace percorren varios concellos galegos e partirán maña, 13 de xullo, desde Narón ata Cedeira para continuar explicando a súa postura contra o Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversión (TTIP)
Narón, 12 de xullo de 2016. A campaña de Greenpeace “La voz del viento, cien kilómetros en bicicleta contra el Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversión (TTIP)” chegou a Narón da man de Alba Pons, Carmen Navas e Gonzalo Villafañe, integrantes do citado colectivo e que o pasado 8 de xullo iniciaron na Coruña un percorrido contra o TTIP. Os tres mozos chegaron nas súas bicicletas a Narón e pernoctarán en instalacións municipais para saír mañá día 13, ás 10.00 horas de diante do Concello cara a Cedeira, por donde continuarán a ruta ata o destino final, Ortigueira, con chegada prevista coincidindo coa celebración do Festival de Ortigueira, que comeza o vindeiro 14 de xullo. A portavoz de Terra Galega, Marián Ferreiro, e o edil de Esquerda Unida, André Abeledo, recibiron aos tres integrantes da citada organización ecoloxista, que levaron como recordo uns agasallos institucionais. O alcalde, José Manuel Blanco, e representantes da corporación local estarán presentes mañá no acto de saída do grupo cara a Cedeira. O colectivo, do que forman parte persoas de entre 18 e 23 anos divididas en varios grupos, explicou que “Narón tiña que estar obrigatoriamente entre as nosas paradas porque é un dos concellos adheridos en contra do TTIP”. Ao respecto, cabe recordar que o pasado mes de xullo os edís de Terra Galega e do BNG e Grupo Mixto (EU/ENE) aprobaron no pleno unha moción para declarar a Narón como Concello contrario á aplicación do TTIP. No documento denúncianse as consecuencias do posible acordo das negociacións entre a UE e os Estados Unidos para favorecer ás transnacionais europeas e norteamericanas e tamén as posibles consecuencias, como ameazas dos dereitos laborais ou sobre os servizos públicos, a seguridade alimentaria ou a sanidade, entre outros. Os grupos que respaldaron a moción incidiron na necesidade de defender os servizos públicos básicos e solicitan ao Parlamento español e aos eurodeputados que rexeiten o TTIP e ao Ministerio de Economía que suspenda as negociacións en marcha. Neste percorrido que os rapaces realizan por diferentes concellos galegos –en grupos aos que se pode unir calquera persoa interesada na defensa desta iniciativa, tal e como destacaron- manteñen reunións, ademáis de con representantes políticos, con integrantes de asociacións, cooperativas e outros colectivos para coñecer o modo en que traballan e as súas inquedanzas e, ao tempo, transmitirlles a súa postura contra o TTIP. “Esta proposta, ao igual que outras, xorde dos campamentos organizados por Greenpeace, donde moitas das actividades se trasladan á rúa e difúndense para dar a coñecer a perspectiva e implicación da xuventude con respecto a diferentes temáticas”, recalcaron desde o colectivo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal