Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E URBASER ACORDAN AMPLIAR DURANTE UN MES O HORARIO DE TRABALLO DOS DOUS TRACTORES CON DESBROZADORA
Os vehículos estarán operativos en turno de tarde para así poder incrementar as tarefas de limpeza, tal e como apuntou o edil de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 15 de xullo de 2016. O concelleiro de Servizos de Narón, Ibán Santalla, mantivo unha xuntanza con responsables da empresa concesionaria da limpeza viaria na localidade, Urbaser, para ampliar os horarios de traballo no termo municipal dos dous tractores con desbrozadora. O edil da área valorou o acordo ao que chegaron as partes, que, subliñou, “non suporá ningún desembolso ás arcas do Concello”. Santalla indicou que desde esta mesma semana, ao horario de mañá que se viña facendo cos dous vehículos habitualmente, se suman as catro horas que farán a maiores polas tardes durante un período inicial dun mes. “Nos últimos anos os desbroces realizábanse en horario de mañá, pero nesta ocasión quixemos ampliar un pouco máis as horas de traballo para así poder atender mellor as necesidades de limpeza con estes tractores no concello”, explicou Santalla. O edil apuntou que esta semana desenvólvense as tarefas de desbroce nas parroquias de Sedes, O Val e tamén no Couto e a nas vindeiras semanas está previsto facelo nas de San Mateo e Castro. “Traballamos en función das necesidades que se detectan, tratando de limpar a maleza localizada maioritariamente nas beiravías”, asegurou, indicando que “no caso de ser necesario, contemplarase a viabilidade de ampliar en determinadas épocas do ano esta iniciativa”. A Concellería de Servizos de Narón programou xa varias quendas de limpeza no que vai de ano. Nalgunhas parroquias, tal e como recordou Santalla, esta é a terceira vez que se traballa cos tractores con desbrozadora. “O feito de ter limpas as propiedades é moi importante para previr a propagación de posibles incendios ou outros danos e nós tratamos de actuar ao respecto á maior celeridade”, asegurou Santalla. O concelleiro naronés realizou un chamamento á veciñanza para que “colabore e manteña tamén limpas as súas propiedades, porque ao final o importante é evitar posibles riscos derivados da proliferación da maleza, entre outros, como a aplicación das sancións estipuladas na Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón, que van desde os 750 ata os 3.000 euros”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal