Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE BIBLIOTECAS CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DA INICIATIVA "EU LEO, EU SON BOOKTUBER"
A proposta consiste na gravación de vídeos sobre experiencias lectoras nas instalacións da Biblioteca municipal o 15 de outubro para presentalos o 29 deste mes
Narón, 3 de outubro de 2016. A Concellería de Bibliotecas programa unha nova actividade coa que celebrar o Día Mundial das Bibliotecas, que se conmemora o vindeiro día 24. A iniciativa está programada para a canle de Youtube “Eu leo, eu son booktuber” –que alcanza a súa segunda edición- e dirixida a xente de todas as idades que pode participar a título particular ou en grupos de ata tres persoas. Así o indicou a edil responsable da área, Mercedes Taibo, que recordou que a proposta consiste en gravar vídeos sobre libros e experiencias lectoras. Deberán gravarse nas instalacións da propia Biblioteca o sábado 15 de outubro durante a mañá, e presentaranse ao público o 29 de outubro, data na que se sucederán varios actos con motivo do Día Mundial das Bibliotecas, tal e como avanzou a concelleira. As gravacións terán unha duración de entre catro e sete minutos e estarán protagonizadas polos usuarios e usuarias da Biblioteca. Recomendar un estilo literario, o libro que máis lles gustou, a publicación que non recomendarían ou os mellores libros para ler según a idade, son algúns dos temas que poden centrar a temática dos vídeos. Na canle “Eu leo, eu son booktuber” poden verse os traballos presentados á primeira edición desta iniciativa, que se convocou desde a Concellería de Bibliotecas no marco da celebración do Día do Libro, o pasado mes de abril. As persoas que desexen participar nesta nova convocatoria deben anotarse na Biblioteca, chamando ao número de teléfono 981 382 173 ou escribir ao correo electrónico: biblioteca.central@naron.es. O número de prazas é limitado, pero recolleranse as solicitudes presentadas ata o martes día 11 de outubro. No caso de que a demanda de prazas supere á oferta realizarase unha selección, según se avanzou desde a organización. Desde a Concellería de Bibliotecas animouse á veciñanza a participar nesta nova proposta “na que as recomedacións ou críticas a determinadas publicacións serán o eixo central dunha actividade cuxos resultados poderán ver todas aquelas persoas que accedan á canle da Biblioteca municipal en Youtube”, apuntou Taibo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal