Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ UNHAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE "VESPA VELUTINA E MEDIO AMBIENTE"
O Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura convocaron tres conferencias que terán lugar os días 14 e 15 de outubro
Narón, 12 de outubro de 2016. A Concellería de Medio Ambiente de Narón organiza, en colaboración coa delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) unhas xornadas técnicas sobre a “Vespa velutina e medio ambiente”. O edil responsable da área, Octavio Dopico, indicou que se trata dun total de tres conferencias que se desenvolverán o venres día 14 e o sábado 15 no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros e abertas á participación da cidadanía en xeral. Na primeira das convocatorias, o vindeiro venres, será o biólogo e asesor técnico agrícola Jesús Asorey o encargado de abordar, a partir das 19.00 horas, o “Presente e futuro da velutina; visión xeral da problemática da velutina en Galicia”. Na xornada do sábado día 15 terán lugar as outras dúas ponencias, unha comezará ás 10.00, sobre “Sistemas de control da velutina e o botiquín do apicultor”, a cargo do responsable comarcal de AGA, Rafael Nieto, e a outra será ás 12.00 e impartiráa Xesús Feás, veterinario, químico e investigador na USC, que falará sobre as “Vías de investigación europeas da velutina”. A Concellería de Medio Ambiente de Narón colabora con AGA na divulgación da problemática que supón na actualidade esta especie invasora en canto ao seu perigo medioambiental. Desde a Asociación Galega de Apicultura explicaron, tal e como recordou Dopico, que Galicia e Euskadi son as zonas do norte de España máis afectadas por esta especie, que segue incrementando a súa presencia. “Aos danos medioambientais derivados da proliferación das vespas velutinas hai que engadir os causados no ámbito económico no sector tanto apícola como froitícola, danando as colleitas, e tamén os xerados a nivel sanitario entre a poboación a través das picaduras desta especie de vespas, cun potente veleno”, apuntou o edil naronés.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal