Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DOS IES TERRA DE TRASANCOS, AS TELLEIRAS E BREAMO ASISTIU ÁS PRIMEIRAS REPRESENTACIÓNS DA MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL
O Padroado da Cultura de Narón organiza un ano máis a convocatoria, que rematará o vindeiro mes de decembro
Narón, 17 de outubro de 2016. Un total de 269 alumnos e alumnas de Bacharelato e Ciclos dos IES Terra de Trasancos e As Telleiras, de Narón, e Breamo, de Pontedeume, asistiron esta mañá ás representacións inaugurais da Mostra de Teatro de Infantil e Xuvenil de Narón, organizada polo Padroado da Cultura. A compañía Contraproduccións SL foi a encargada de abrir a convocatoria coa obra "Memorias dun neno labrego", da que hoxe tiveron lugar dúas funcións, unha ás 10.00 e a segunda a partir das 12.00 horas. A Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil continuará desenvolvéndose o día 18, xornada na que se representará de novo a obra "Memorias dun neno labrego". Á que será a segunda convocatoria acudirán 266 alumnos e alumnas de terceiro e cuarto curso de ESO dos colexios Ayala, Santiago Apóstol (Xestión Administrativa), Jorge Juan e O Feal ao pase das 10.00 horas, e 240 de terceiro e cuarto de ESO dos institutos Terra de Trasancos e As Telleiras para a programada ás 12.00. As funcións retomaranse o vindeiro luns, 24 de outubro, con alumnado de Narón e doutros centros da comarca. A compañía Ghazafelhos representará a obra "Rubicundo", tanto o día 24 como nas xornadas do 25 e o 26 deste mes, nas que se desprazarán ao Pazo un total de 1.521 alumnos e alumnas de varios centros educativos da localidade e comarca. Na actualidade máis de 5.500 rapaces e rapazas están xa anotados para acudir ás representacións programadas no marco desta Mostra –un total de trinta a cargo de cinco compañías- no Pazo da Cultura, nas escolas infantís da Solaina, A Gándara e Piñeiros e nas aulas de Infantil do Santiago Apóstol, centros estes últimos aos que se desprazará a propia compañía. O programa previsto rematará o vindeiro 2 de decembro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal