Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU UNHA NOVA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO DAS OBRAS DOS INTERCEPTORES XERAIS DA MARXE DEREITA DA RÍA DE FERROL
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, urxiu a Acuaes o remate dos traballos que se executan nas zonas da Gándara e da Ponte das Cabras, donde se rexistran restricións no tráfico rodado
Narón, 18 de outubro de 2016. O Concello de Narón acolleu unha nova reunión dos integrantes da Comisión de seguemento das obras de construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol. A primeira das xuntanzas programadas por Aguas de las Cuencas de España (Acuaes) deu comezo ás 16.30 horas e á mesma acudiron o alcalde naronés, José Manuel Blanco, a directora territorial de Acuaes, Isabel Pérez-Espinosa; representantes da Xunta; o edil de Servizos de Narón, Ibán Santalla; o xerente da empresa mixta de augas de Narón (Cosma), José Manuel Marcote, e técnicos das administracións implicadas na obra dos Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol, concretamente do tramo Cadaval-Neda. Os asistentes abordaron durante unha hora a programación das actuacións previstas na zona e analizaron o estado de execución no que se atopan actualmente os traballos proxectados. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, trasladou aos representantes de Acuaes a súa preocupación polos cortes e as restricións no tráfico rodado que ocasionan as actuacións que se acometen desde hai varias semanas na zona da Ponte das Cabras e da Gándara, no termo municipal naronés. Á vista da situación actual solicitou aos representantes de Acuaes que se axilice o remate dos traballos programados nestas zonas da localidade para poñer fin canto antes ás molestias ocasionadas tanto aos condutores como aos viandantes, residentes e propietarios de negocios ubicados nas inmediacións dos tramos en obras. Unha hora máis tarde de iniciarse a primeira reunión, ás 17.30, chegaban a Narón o rexedor local de Ferrol, Jorge Suárez, e o edil de Servizos, Luis Victoria, para abordar a situación nos tramos do municipio veciño. Incorporados á xuntanza co resto do persoal, abordáronse as obras de acondicionamento dos interceptores dos tramos: A Malata-A Gándara; A Gándara-Cadaval; da estrutura de regulación do Porto e do tramo do río Inxerto. As reunións mantidas esta tarde, que en conxunto se prolongaron durante algo máis de tres horas, deixaron constancia da implicación dos gobernos locais de Narón e Ferrol en aras do cumprimento do convenio asinado para executar as obras proxectadas en ambos municipios. Os representantes das administracións implicadas manterán en próximas datas novas xuntanzas da Comisión de seguemento, convocadas de xeito periódico por Acuaes en Narón ou Ferrol desde que se iniciou a intervención.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal