Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EDIL DE SERVIZOS DESVINCULA AO CONCELLO E Á COMPAÑÍA COSMA DAS VISITAS A DOMICILIO DUNHA EMPRESA PARA REALIZAR ANÁLISES DA AUGA
O concelleiro, Ibán Santalla, incidiu en que os traballadores da empresa mixta Cosma só entran nas vivendas para tomar mostras da auga no caso de que así o solicite o propietario do inmoble
Narón, 20 de outubro de 2016. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, alertou sobre a existencia dunha empresa allea ao Concello de Narón e á empresa mixta Cosma –concesionaria do servizo de abastecemento- para realizar análises de auga en domicilios da localidade. O edil naronés recordou que o persoal da compañía Cosma, realiza periodicamente exhaustivos controis da calidade da auga distribuída no municipio, atendendo á planificación de análises marcada no Protocolo de Autocontrol aprobado pola Autoridade Sanidade (analíticas realizadas en laboratorio certificado no sistema de Xestión de Calidade –UNE-EN ISO 9001:2008- e tamén Sistema de Xestión Medioambiental –UNE-EN ISO 14001:2004-). Así mesmo, Santalla recalcou que o persoal de Cosma, que viste na súa xornada laboral o uniforme co logo da empresa, “nunca entra nos domicilios para facer as análises, a non ser que así o solicite o propietario da vivenda, porque existen puntos determinados na rede e en edificios municipais para tomar as mostras necesarias para realizar as probas pertinentes”. Á vista de que unha empresa está visitando domicilios para analizar a calidade da auga, Santalla recalcou que “en ningún momento ese persoal pertence a Cosma ou ao Concello de Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal