Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMENZA EN ALDEA NOVA A 2ª PARADA ETNOGRÁFICA DE XOGOS POPULARES E ENREDOS
Máis de 1.000 escolares de colexios e Institutos de Narón participarán nestas actividades, ata o próximo 17 de Maio.
Narón, 6 de Maio de 2008.- Os concelleiros de Medio Ambiente e Educación de Narón, Manuel Ramos e Manuela Pérez Sequeiros, presentaron unha nova edición da Parada de Xogos Populares e Enredos, que terá lugar do 6 ó 17 de Maio no parque temático Aldea Nova. Trátase dunha iniciativa na que participarán 1.200 nenos dos distintos colexios -públicos e concertados- e institutos do municipio, ademáis de pais e nais, e profesores. Para levala a cabo, o Concello destinará un orzamento de 12.000 euros, mais o transporte necesario para desprazar ós nenos ata o recinto (situado en Sedes). O nivel de participación convirte esta parada no evento con máis participantes nunha actividade de xogo popular realizada en Galicia. No programa de actividades previstas destacan os seguintes xogos e enredos populares: tiro da corda, birlos celtas, a ra, chave, aros, bolas, peonzas, cravo, recollida de mazarocas, corda, chifros e brinbaos, panterlos, zancos, patíns, ciclos ou biciclos de pao, pequenas carrilanas, lazamento de pedra, lanzamento de torada, venablos, arcos tradicionais, pulsos, e cabazas. Moitos destos xogos son máis ou menos coñecidos, pero outros moitos foron recuperados da memoria popular e das persoas maiores. Tamén está prevista a realización de talleres de aprendizaxe de xogos populares, nos que se explican as instruccións de xogo e se fai a práctica real das nenas e nenos participantes. Outra parte do programa consistirá en obradoiros de elaboración de enredos e xogos nos que a partires de diversos obxectos domésticos e naturais, elaboraranse instrumentos, elementos, e enredos para xogos. Esta nova edición dos Xogos Populares e Enredos inclue unha exposición con máis de 150 pezas de xogo popular e enredos, instrumentos e obxectos. Ademáis, organizarase un encontro comunitario do xogo popular, no que participarán máis de 500 persoas utlizando a Campa de xogo popular e deporte rural de Aldea Nova. Este encontro será unha convivencia interactiva entre nenos/as, mozos/as, nais/pais e monitores deportivos de Narón durante unha xornada –incluindo unha comida comunitaria-, con distintas demostracións de xogos populares e partidas. Dende a Concellerías de Educación e Medio Ambiente, preténdese cumprir con dous obxectivos básicos. Por un lado, aportar instrumentos e programas educativos innovadores, que garantan os contidos educativos curriculares en sentido amplo. E por outro, organizar e financiar os recursos para que estos programas sexan operativos e de calidade, de xeito que revertan na formación das futuras xeracións. *Adxúntase díptico co programa de visitas escolares, e actividades previstas.
Descarga de archivos
Programa de actividades da 2ª edición da Parada Etnográfica de Xogos Populares e Enredos
Tamaño:708,28 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal