Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ACCEDER AOS SERVIZOS DA LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA
Os destinatarios do centro son os nenos e nenas de 2 a 12 anos, organizándose tamén algunhas actividades nas que se implican as súas familias
Narón, 1 de novembro de 2016. A Ludoteca municipal da Solaina, localizada na rúa Cardenal Cisneros –número 2, baixo-, mantén aberto o prazo de inscrición para os nenos de 2 a12 anos, dispoñendo de capacidade para 40 persoas. Así o recordou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que explicou que tan só é preciso cubrir un formulario que se entregará no centro e que lles permitirá acceder aos servizos que se prestan nestas instalacións. “Para as actividades temáticas que se desenvolven ao longo do ano é necesario preinscribirse, ao tratarse de prazas limitadas que se adxudican por rexistro de entrada”, apuntou a edil. A infancia e as súas familias son os colectivos aos que se dirixen os servicios prestados desde a Ludoteca municipal. “Trátase de colaborar na medida das posibilidades da administración local na conciliación da vida familiar e laboral, pero a maiores, o feito de contar con este tipo de instalacións permite impulsar desde o Concello numerosas actividades de carácter cognitivo, sensorial e intelectual cos libros e xoguetes como referencia”, explicou Taibo. As actividades que se realizan no centro son de balde e a maiores das mesmas, deseñadas en función das idades dos participantes, a Ludoteca conta tamén cun servizo de préstamo domiciliario de material de lectura. “Estas instalacións cumpren un papel moi importante a nivel formativo e educativo”, asegurou a concelleira de Ensino. A edil animou á veciñanza a facer uso deste centro e recordou que “tamén permite implicar ás familias das nenas e dos nenos nunha gran variedade de actividades, de xeito cooperativo e coa colaboración dunha orientadora e dunha monitora que traballan nesta ludoteca”. Animación á lectura, xogos e técnicas de estudo, xogos cooperativos, actividades artísticas e psicomotricidade e ritmo forman parte do calendario de actividades. Os nenos e nenas de dous anos deben ir acompañados por un adulto en horario de xogo libre, ao non participar nos obradoiros habituais convocados desde o centro. Os venres toda a tarde se reserva para xogo libre, xunto con información e préstamo de libros a última hora, de 19.00 a 20.00. As instalacións abren as súas portas do 8 de xaneiro ao 25 de xuño e desde o 10 de setembro ata o 21 de decembro no período escolar, de luns a venres en horario de 16.00 a 20.00 horas. Nas xornadas non lectivas, do 26 de xuño ao 9 de setembro e do 21 de decembro ao 7 de xaneiro abren de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 389 284 ou escribir ao correo electrónico: ludoteca@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal