Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE UN FESTIVAL SOLIDARIO PARA RECAUDAR FONDOS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A cita terá lugar o 4 de novembro a partir das 20.00 horas e as entradas, cun prezo de cinco euros, poden adquirirse na billeteira do Pazo
Narón, 2 de novembro de 2016. O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres, día 4, un Festival Solidario organizado polo Concello –colabora o Padroado da Cultura de Narón- e a Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón. A edil de Acción Social, Catalina García, o presidente da citada asociación, José Manuel González, e o cantautor Marcos Mella presentaron o evento, cuxa recadación se destinará ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. O prezo das entradas para poder asistir é de cinco euros por persoa e xa están á venta na taquilla do Pazo da Cultura. Así mesmo, habilitouse unha “Fila 0” para as persoas que non poidan acudir, que terán a oportunidade de ingresar os seus donativos na conta: ES95-0238-8158-060600070448. O Festival Solidario dará comezo ás 20.00 horas. Os cantantes Rocío Varela, Marcos Mella, Hilda Rock, Dani Ríos e Andrés Rodríguez comparten protagonismo no cartel deste evento xunto co Mago Deimi, a monologuista naronesa Eva Castro e a Escola de Baile Jesús Quiroga. A presentadora do acto será Isabel Acedo e os menores terán a oportunidade de fotografiarse con Bob Esponja, tamén presente. A concelleira de Acción Social destacou a cantidade e calidade das actuacións que se sucederán no Pazo este venres, a cuxos protagonistas agradeceu a súa colaboración de xeito desinteresado. García animou aos naroneses e naronesas en particular e á cidadanía en xeral a “acudir a este festival para encher o Pazo da Cultura de Narón de solidaridade”. A edil avanzou ademais que no transcurso do acto se levará a cabo o nomeamento do “Colaborador do ano” do Centro de Recursos Solidarios de Narón, cuxo nome non se desvelará con anterioridade, como é habitual. “Narón por todas as ocasións anteriores e polos eventos que organizamos co Centro de Recursos Solidarios podemos dicir que é un concello moi solidario”, valorou García. A edil naronesa recordou que o Concello organiza un desfile solidario para a recollida de alimentos e roupa no primeiro semestre de ano e no segundo este festival, cunha entrada solidaria, destinada tamén aos usuarios destas instalacións, nas que se atenden actualmente a preto de 900 familias de Narón e comarca. Do total destes usuarios, tal e como indicou José Manuel González, 114 son menores de 0 a 5 anos. As instalacións do Centro de Recursos Solidarios de Narón, localizadas na avenida Gonzalo Navarro do polígono industrial de Río do Pozo –parcela 23-, permanecen abertas os luns, martes, xoves e venres de 9.30 a 13.00 horas e os mércores de 16.30 a 20.00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal