Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE "ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS"
A iniciativa, que forma parte do proxecto Apego, diríxese a nenas e nenos de 0 a 6 anos e terá lugar o 12 de novembro no local social do Alto do Castiñeiro
Narón, 7 de novembro de 2016. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou a apertura, hoxe, do prazo para anotarse na actividade “Entre arrolos e contiños”, unha proposta do proxecto Apego que se desenvolverá o 12 de novembro no local social do Alto do Castiñeiro. A actividade é de balde e diríxese a nenas e nenos de 0 a 6 anos, tal e como recordou a edil naronesa, que tamén explicou que haberá dúas sesións, unha ás 10.30 e a segunda a partir das 12.00 horas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Bea Campos e Davide González, da compañía pontevedresa Migallas Teatro, serán os protagonistas deste evento, centrado na música, na literatura infantil e na tradición oral. Os participantes e as súas familias terán a oportunidade de gozar dunha divertida sesión cun marcado carácter educativo e lúdico a través da recuperación da cultura tradicional galega. As inscricións deben formalizarse no Servizo de Normalización Lingüística de Narón –no quinto andar do Concello-, a través do correo electrónico: a.pita@naron.es, ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1516), ata o vindeiro 11 de novembro, en horario de 8.30 a 13.30 horas. A Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia colaboran nesta actividade, a través da subvención do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal