Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALGO MÁIS DE 1.400 ESCOLARES DE NARÓN E COMARCA ASISTIRÁN ESTA SEMANA Á MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL
As representacións, iniciadas o pasado mes de outubro desenvólvense no Pazo da Cultura para os colexios e no caso das escolas infantís desprázanse as compañías aos centros
Narón, 7 de novembro de 2016. A trixésimo cuarta edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado da Cultura de Narón continúa desenvolvéndose este mes no Pazo da Cultura. A compañía Gorakada será a encargada de subirse o 8 e 9 de novembro ao escenario para representar a obra Moby Dick, que verán nestes dous días un total de 1.426 escolares de Narón e comarca, tal e como recordou a vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro. Na xornada do día 8 os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria dos colexios Ponte de Xuvia, CRA, A Gándara, O Feal, San Isidro, de Neda, e Unión Mugardesa (tamén de cuarto curso, neste último centro) acudirán á representación programada para as 10.00 horas de mañá, se ben á das 12.00 asistirán os de quinto e sexto de Primaria dos centros da Solaina, Piñeiros, Jorge Juan, Virxe do Mar, Santiago Apóstol de Narón e Santiago Apóstol de Franza (Mugardos). Na xornada do mércores, día 9, ás 10.00 horas acudirán ao Pazo escolares de primeiro e segundo de ESO do colexio do Feal; de quinto e sexto do Ayala e do Eladia Mariño (Pontedeume) e do instituto Terra de Trasancos. Dúas horas máis tarde, ás 12.00 verán a obra rapaces e rapazas de primeiro e segundo de ESO do colexio Santiago Apóstol de Narón, Jorge Juan e do instituto das Telleiras, ademais de alumnado de quinto e sexto do colexio As Mirandas, de Ares. Tralas catro funcións da compañía Gorakada esta semana chegará o turno, do 16 ao 18 de novembro, de Teloncillo Teatro, que representará a obra Rosa Caramelo e outras historias. O día 16 presenciarán o espectáculo 502 alumnas e alumnos de entre 3 e 5 anos dos colexios Ponte de Xuvia, CRA, Unión Mugardesa, A Solaina e Jorge Juan de Perlío. O 17 de novembro desprazaranse ao Pazo 491 escolares dos centros Santiago Apóstol, Virxe do Mar, Manuel Masdías de Ferrol, Moeche, Ayala, O Feal (e Freixeiro), Jorge Juan de Narón, Santiago Apóstol de Franza, e Jorge Juan de Perlío e o día 18 será o turno doutros 455 menores dos colexios da Gándara, Piñeiros, San Isidro, de Neda, Lestonnac, de Ferrol, As Mirandas, de Ares, Eladia Mariño, de Pontedeume e Os Casais, de Fene. As últimas representacións programadas en Narón nesta edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil terán lugar os días 28, 29 e 30 de novembro e 1 e 2 de decembro. Durante esas cinco xornadas persoal da compañía Teloncillo desprazarase ás escolas infantis da Gándara, A Solaina, Piñeiros e da unidade de educación Infantil do colexio Santiago Apóstol de Narón para representar a obra Múuu. A vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, recordou que esta Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil tamén chegará aos escolares do veciño municipio de Ferrol, entre outros concellos da comarca. A entrada aos espectáculos custa dous euros e ten entre os seus obxectivos “achegar aos nenos e nenas este tipo de actividades culturais, fidelizando a súa asistencia como espectadores teatrais desde que teñen cumpridos os tres anos e, tamén, contribuír na difusión do traballo que realizan as compañías, neste caso con presenza na programación de tres galegas entre as cinco contratadas”, apuntou. Uns 10.000 rapaces e rapazas de Narón, Ferrol e doutros concellos da comarca beneficiaranse desta actividade, iniciada o pasado mes de outubro e na que xa actuaron as compañías Abrapalabra Creacións Escénicas e Ghazafelhos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal