Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "VIII MOSTRA DE TEATRO AMADOR NO COUTO" LEVARÁ AO LOCAL SOCIAL DA PICOTA A OBRA "A VINGANZA DE DON MENDO"
A posta en escena será o domingo 13 de novembro a partir das 19.00 horas e a entrada é de balde
Narón, 11 de novembro de 2016. O local social da Picota, na parroquia do Couto, acollerá este domingo, día 13, unha nova representación da “VIII Mostra de Teatro Amador” organizada polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa AVV do Couto. "A vinganza de Don Mendo", do grupo ortegán Ultreia, é o título da obra, adaptada e dirixida por Elixio César Silvent e destinada a todos os públicos. A entrada é de balde e a posta en escena será a partir das 19.00 horas. A obra, ambientada en España, divídese en varios actos e parodia diversos dramas do século XIX. Así mesmo, constituíu un dos maiores éxitos teatrais da compañía Ultreia, cunha dilatada experiencia nas artes escénicas. A “VIII Mostra de Teatro Amador do Couto”, iniciada o pasado 6 de novembro na citada parroquia, continuará os vindeiros 20 e 27 deste mes, coa representación de "Non hai ladrón que por ben non veña" e "Terapia de bar", do Obradoiro de Teatro da Fundación Terra de Trasancos e do grupo O Aturuxo de Melpómene, respectivamente. O Padroado da Cultura de Narón levou tamén este ano a Mostra de Teatro Amador a San Xiao e Pedroso, en colaboración con entidades veciñais de ambas parroquias, donde se representaron de balde varios espectáculos teatrais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal