Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SEDES ACOLLERÁ A TRADICIONAL RECREACIÓN DA NOITE DA LUZ
A cita festiva, organizada polo Padroado da Cultura de Narón e a AVV Rosa dos Ventos, terá lugar o 10 de decembro a partir das 18.30 horas coa saída da Comitiva da Luz desde as inmediacións da capela de Santa Lucía
Narón, 9 de decembro de 2016. A parroquia de Sedes acollerá mañá unha nova edición da Noite da Luz, unha cita tradicional no calendario festivo da localidade que organizan o Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, de Sedes. A convocatoria comezará ás 18.30 horas, coa saída da “Comitiva da Luz” portando candeas desde a capela de Santa Lucía –nas inmediacións da Feira do Trece- ata o cumio do Monte Esperón, por un tramo de aproximadamente un quilómetro. Esta celebración convócase co fin de festexar dun xeito moi particular a chegada do solsticio de inverno, que coincide coa onomástica de Santa Lucía (13 de decembro) e co día de menos luz do ano. Como é habitual nesta cita, unha vez no Monte Esperón, sobre as 19.15 horas, asistentes a esta peculiar procesión nocturna acenderán trece fachos de grandes dimensións dispostos en forma de círculo, en representación de cada unha das parroquias de Narón, no que constitúe o que se coñece como o prendido da “Roda da Luz”. Unha vez acendidos, os fachos son visibles desde diferentes puntos do municipio. Trala “Roda da Luz” a programación continuará no Centro Cívico Social de Sedes, donde a partir das 20.00 horas se servirá un petisco comunitario aos asistentes, que poderán ver unha representación teatral a cargo da Compañía de Teatro Comunitario de Sedes. A música porá fin a este evento festivo cunha repichoca aberta de música e baile tradicionais que dará comezo ás 20.30 horas, tamén no Centro Cívico Social de Sedes, tal e como se indicou desde a organización. Este acto representa o compromiso do Padroado da Cultura de Narón e da entidade veciñal “Rosa dos Ventos” coa defensa do patrimonio cultural, á vez que constata a súa aposta pola protección e posta en valor do mesmo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal