Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CATRO EMPRESAS COMEZAN A REALIZAR TAREFAS DE REPARACIÓN E MELLORA DE ACCESIBILIDADE NAS BEIRARRÚAS DA CIDADE
Os barrios da Solaina e A Gándara e a estrada de Castela son as zonas donde xa comezaron a traballar os operarios das compañías, que executarán as tarefas previstas nun prazo estimado de quince días
Narón, 13 de decembro de 2016. A Concellería de Servizos destinará unha partida duns 20.000 euros a tarefas de reparación e mellora de accesibilidade en varias beirarrúas da cidade. Así o anunciou o edil responsable da área, Ibán Santalla, que explicou que son un total de catro empresas as que se encargan, desde esta mesma mañá, de levar a cabo os traballos en varios viais da zona urbana. “Co obxectivo de causar as menores molestias posibles a condutores e viandantes os operarios das compañías traballarán de xeito simultáneo, estando previsto de que as obras proxectadas rematen nun prazo duns quince días”, apuntou Santalla. A zona da Gándara –incluída a praza-, o barrio da Solaina e a estrada de Castela son as localizacións nas que están previstas a maior parte das intervencións de reparación de danos no pavimento das beirarrúas, así como da realización dos rebaixes necesarios para mellorar a accesibilidade en zonas como os pasos de peóns, según avanzou o concelleiro de Servizos. “Estas actuacións tamén se levarán a cabo noutros puntos da cidade que se lle comunicarán ás empresas contratadas para realizar as pertinentes tarefas”, apuntou o edil, incidindo en que as obras non afectarán só ás zonas anteriormente mencionadas. “Os traballos previstos permitirán mellorar considerablemente o estado das beirarrúas da nosa cidade que están máis danadas”, asegurou Santalla. O concelleiro destacou o feito de que “ao mesmo tempo, aproveitaremos para continuar avanzando nas tarefas que permitan mellorar a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, porque somos conscientes de que aínda queda traballo por desenvolver neste camiño, e por iso o compromiso do goberno local neste ámbito continúa sendo firme e marcando unha das prioridades á hora de plantexar calquera tipo de actuación desde o goberno local no noso concello”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal