Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PROGRAMACIÓN DE NADAL CONTINÚA ESTA SEMANA COS POBOS NAVIDEÑOS, BALLET, TEATRO E MÚSICA PARA FESTEXAR O FIN DE ANO
As actividades programadas desde o Concello, dirixidas a todo tipo de públicos, sucederanse en varios espazos públicos e instalacións municipais
Narón, 27 de decembro de 2016. Os Pobos Navideños do programa Nadal Máxico iniciaron onte pola tarde a súa actividade na Praza de Galicia, donde abrirán de novo esta tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas. Un espectáculo de rúa sobre “A Biblioteca Máxica” desenvolvido onte dará paso hoxe a unha festa con animación musical, titulado “A princesa dos xeos e outros personaxes de conto”, actividades enmarcadas na proposta “A maxia do Nadal”. Os Pobos Navideños, que cada día se convocarán, ata o 4 de xaneiro, en diferentes espazos públicos da zona urbana, inclúen ademais “O sabor do Nadal”, que consiste nuns obradoiros de cociña para nenos e nenas; “O arte do Nadal”, tamén obradoiros para realizar adornos de Nadal, e o “Baby Nadal”, un espazo para os máis pequenos reservado para realizar teatriños de títeres, contos, e para xogar ou pintar. Estas tres últimas propostas manteranse durante todos os días nos que se convocaron os Pobos Navideños, se ben irán variando os espectáculos de “A Maxia do Nadal”. Na xornada de mañá, día 28, o punto de encontro dos Pobos Navideños será a Praza da Gándara, donde terá lugar o espectáculo “O paiaso Piruleta” e un obradoiro sobre “Monigotes inocentes” que se encargarán de elaborar os nenos e nenas coa axuda dun equipo de monitores. No parque do río Freixeiro terá lugar o día 29 “O elixir máxico” e na Praza de Xuvia, o 30 deste mes, “Benvido 2017!”, que consistirá nunha festa de fin de ano dirixida aos nenos e nenas. As actividades de “A Maxia do Nadal” continuarán no mes de xaneiro, o día 2 na Praza de Santa Icía, co espectáculo musical “Lúa en Vila dos Libros”; e os días 3 e 4 de novo na Praza de Galicia, cos espectáculos “Contos de Nadal” e “As tres raíñas Magas” (títeres), respectivamente. Os nenos e nenas que visiten estes días os Pobos Navideños poderán degustar pombiñas de maíz que se preparan nun carro que irá percorrendo as diferentes localizacións, xunto con outro no que se fai algodón de zucre. Un xogo de pesca, un paxe para o photocall (con posado en camello) completan a oferta desta proposta para a tempada navideña impulsada desde o Concello de Narón. A oferta para estes días continuará co espectáculo de ballet La Bella durmiente, a cargo da compañía Concerlírica. Terá lugar o día 28, a partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura, e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo a un prezo de 22 euros para o público en xeral e de 15,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. As variadas actividades enmarcadas na proposta “Prazas vivas” continuarán tamén o día 28 no local social do Alto e rematarán o xoves 29 na pista polideportiva do Val. O horario dos obradoiros, a cargo de varios monitores, é de 16.30 a 18.30 horas e durante este tempo os participantes poderán implicarse en talleres de graffiti, baile, de reciclaxe e moitos outros, entre os que están os de participación nas carrozas que se elaboran nas parroquias para participar na Cabalgata do vindeiro 5 de xaneiro. O xoves día 29 será o turno da compañía Asacocircus, que traerá a Narón –nesta ocasión tamén ao Pazo da Cultura- o espectáculo de teatro e artes circenses "BB Circus". A cita será a partir das 18.00 horas e está dirixida ao público familiar. É precisa invitación para presenciar o espectáculo, que se pode recoller na billeteira do Pazo a cambio de entregar alimentos ou produtos de hixiene –preferentemente para menores- que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. O Pazo da Cultura será tamén o lugar no que se desenvolverá o venres, día 30, o tradicional Concerto de Fin de Ano de Sementeira, a cargo de alumnado da Asociación Cultural Musical Sementeira, que comezará ás 20.00 horas e cun único prezo de entrada de dous euros. O fin de ano celebrarase novamente na Praza de Galicia, cunha Festa para despedir o 2016 e dar a benvida ao 2017 que dará comezo ás 00.45 horas. A primeira hora, de 00.45 a 4.00 horas, actuará a orquestra New York e a continuación, ata as 8.00, pincharán música varios DJ´s. A entrada é de balde.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal