Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESPERANZA RODRÍGUEZ E JUAN GÓMEZ, GAÑADORES DAS DÚAS ÚLTIMAS CESTAS SORTEADAS NA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
A través desta iniciativa sortearanse o vindeiro 11 de xaneiro dous vales de compra por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros entre a clientela dos comercios adheridos á campaña
Narón, 7 de xaneiro de 2017. As dúas últimas cestas sorteadas no marco da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, foron para Esperanza Rodríguez Rodríguez e Juan Gómez Buyo. Os sorteos realizáronse nos establecementos Temadi e Woonka, respectivamente, e forman parte dos incluidos na citada campaña, organizada pola Concellería de Promoción Económica e a Asociación de Comerciantes de Narón. A maiores das catro cestas con produtos de Nadal xa sorteadas, esta proposta, dirixida aos pequenos establecementos locais co obxectivo de fomentar as compras nos mesmos, inclúe o sorteo, o vindeiro día 11 de xaneiro, de dous vales por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros. Participará no mesmo a clientela que adquiriu produtos nas últimas semanas nalgún dos 135 establecementos comerciais da localidade adheridos á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, donde se lles entregaba unha papeleta para cubrir cos seus datos persoais e depositar nunhas urnas. As catro persoas que resulten gañadoras destes vales recibiranos o vindeiro día 12 no transcurso dun acto que se convocará no Concello de Narón e deberán gastalos os días 16 e 17 deste mes –estableceranse dúas quendas- nun mínimo de tres comercios locais adheridos a esta iniciativa. A campaña, iniciada o día 15 do pasado mes de decembro na localidade, remata hoxe, 7 de xaneiro, e inclúe, ademais do sorteo de catro cestas con produtos de Nadal, outro de catro vales por un importe conxunto de 1.600 euros, e a entrega de sobres sorpresa con agasallos para as persoas que entregan nos comercios adheridos alimentos, roupa ou xoguetes para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. As persoas interesadas en consultar os establecementos participantes poden facelo a través da páxina web da Asociación de Comerciantes de Narón: www.comerciodenaron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal