Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA COMPROMÉTESE A COLABORAR CO CONCELLO NA REHABILITACIÓN DO MUÍÑO DE XUVIA
A construción pasou a ser de titularidade municipal no ano 2009 e o goberno local comprometeuse a continuar avanzando na súa recuperación durante o actual mandato
Narón, 1 de febreiro de 2017. A Deputación da Coruña colaborará económica e loxisticamente na recuperación do muíño de Xuvia, un dos elementos patrimoniais máis importantes do concello de Narón e expoñente da súa historia industrial nos séculos XVIII e XIX. O concelleiro de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria de Narón, Pablo Villamar, e a edil de Promoción Social, Teresa Sabio, reuníronse con Xosé Regueira, deputado de Cooperación, Plans Provinciais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico, para avanzar nos termos nos que se concretará esa colaboración. A iniciativa permitirá, en todo caso, que a que no seu momento fora a primeira fábrica de fariña do país se convirta nun museo etnográfico, tal e como se proxectou inicialmente desde o goberno local, unha vez que a construción pasou a ser de titularidade municipal. Parte dos fondos que son propiedade da institución provincial poderían exporse no museo unha vez rehabilitado. O Concello de Narón dispón desde hai anos dun proxecto de recuperación do muíño sobre o que haberá que actualizar os prezos, unha tarefa que se encargará desde a administración local. A rehabilitación do muíño de Xuvia é unha vella idea do goberno local de Narón, que vai xa para unha década que llo adquiriu aos seus anteriores propietarios coa finalidade de frear o seu deterioro e darlle un novo uso. O goberno local de Narón adquiriu no ano 2009 o muíño de Xuvia, o que supuxo un desembolso de 311.000 euros ás arcas locais. Con cargo a este investimento pasaron a ser de titularidade municipal o chan urbán -544 metros cadrados-; o muíño fariñeiro, a vivenda de planta baixa, un almacén, a zona de acceso e unha pequena horta amurallada. Na actualidade está rehabilitado o tellado e as paredes do citado muíño, se ben entre as previsións do goberno local para o actual mandato está a de continuar avanzando na recuperación do inmoble para darlle usos públicos, tal e como se preveía desde un principio. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, destacou a importancia que esta iniciativa ten para a protección e divulgación do patrimonio naronés e lembrou o papel crucial tivo esta fábrica no seu momento, desde donde se abastecía á Armada Española nas súas travesías intercontinentais. “Narón non está sobrado de bens patrimoniais e históricos e por iso cremos que non se debe de adiar máis a recuperación dun dos máis senlleiros da nosa cidade”, dixo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal