Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SPEIS DE NARÓN REALIZOU MÁIS DE MEDIO CENTO DE INTERVENCIÓNS DERIVADAS DO TEMPORAL DA PASADA FIN DE SEMANA
A maior parte dos servizos prestados entre o venres e o domingo foron debidos á caída de árbores que interrompían o paso en viais maioritariamente da zona rural pero tamén da urbana
Narón, 6 de febreiro de 2017. Os integrantes do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) do Concello de Narón realizaron esta fin de semana, entre o venres e o domingo, un total de 53 servizos debido ao temporal de auga, tormenta e vento, que mantivo activas varias alertas na comunidade galega. A maior parte das intervencións tiveron lugar na xornada do venres, con 36 saídas, tal e como apuntou o concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo. O sábado contabilizáronse dez saídas e o domingo as sete restantes, apuntou. En canto aos servizos prestados, o edil naronés explicou que vinte responderon a cortes de árbores que interrompían o paso nalgúns viais do concello, maioritariamente na zona rural pero tamén no núcleo urbán, e dezanove foron en cubertas de diferentes edificios e instalacións do municipio. Así mesmo, o equipo do Speis tamén tivo que intervir no caso de caídas de árbores en zonas donde se localizan liñas eléctricas, asegurando estruturas, saneando fachadas, fiestras e lucernarios e prestar asistencia por danos en liñas eléctricas e de telefonía. Nos casos de traballos nas cubertas, tamén nas zonas urbana e rural, foi preciso recorrer ao uso do vehículo con autoescaleira en vinte e dous casos, tal e como se indicou, apuntando ademais que se utilizou ese mesmo vehículo nas intervencións realizadas en fachadas que se levaron a cabo en tres ocasións durante os pasados días 3, 4 e 5. As maiores complicacións rexistráronse na tarde do venres ao sábado, concretamente entre as 12.00 e as 2.00 horas, se ben a intensidade do vento superou os cen quilómetros por hora entre as 20.00 horas do venres e a 1.00 do sábado. O edil de Protección Civil e Seguridade Cidadá valorou o “intenso traballo” realizado polo equipo do Speis a pasada fin de semana, “implicándose arreo para minimizar os danos derivados do temporal no noso termo municipal”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal