Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA MOSTRA "CINEMA E SOCIEDADE 2008"
Promovida pola asociación Conxeito, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón.
Narón, 22 de Maio de 2008.- O Concello de Narón acolleu hoxe a presentación da primeira Mostra “Cinema de Sociedade 2008”, organizada pola asociación cultural ‘Conxeito’ baixo o patrocinio do Padroado de Cultura, e que se celebrará neste municipio do 4 ó 11 de Outubro. Esta Mostra nace coa idea de rendir homenaxe pública ó mundo da imaxe e do cine, pero tamén a todos aqueles que desenvolven o seu traballo neste eido comprometéndose coa sociedade e os valores solidarios. Para levar a cabo este evento, hoxe firmouse un convenio entre a administración local e a asociación organizadora, en virtude do cal se lle otorgan 48.000 euros para a súa realización. A Mostra terá dous grandes apartados: por un lado a proxección de exhibición de películas e por outro as mesas redondas temáticas, nas que participarán destacados profesionais do ámbito da educación –catro profesores da Universidade de A Coruña, a xustiza –avogados e xuices- e persoeiros destacados do mundo do deporte –Fernando Vázquez, adestrador de fútbol- e do cine –Luis Tosar, actor-. Segundo o presidente da asociación Mostra “Cinema e Sociedade”, Luis Calvo, este evento está aberto a tódolos rapaces de institutos da comarca e alumnos de Formación Profesional –a partir de 15 anos de idade- pero tamén a asociacións de todo tipo –coma Almat, Cáritas ou Afal- xa que os temas que se tratarán neste ciclo de cine son fundamentalmente sociais. Os responsables da organización decidiron presentar a Mostra con máis de catro meses de antelación para que os estudiantes e os seus profesores –ademáis das asociacións- conten con esta actividade na súa programación académica. Así, as proxeccións –que terán lugar nos cines Odeón- e debates xirarán en torno a cuestións tan importantes coma a inmigración, o Alzheimer, o Síndrome de Down, a violencia de xénero, e a integración social. “Trátase de abrir un debete de temas sociais, o que significa que se estará a facer en Narón o que non se fai en ningún outro concello de Galicia”, resaltou o Alcalde, quen calificou esta iniciativa coma “un proxecto ilusionante, e que nace coa vontade de continuar no tempo. Imos a ser pioneiros nesta cuestión e agardo que se consolide e en próximas edicións poidamos facer unha mostra máis monográfica”, asegurou Xoán Gato. A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, asegurou que co apoio do Padroado a esta Mostra "queremos chamar a atención sobre temas importantes que están na sociedade, e que ninguén lles presta atención". Haberá dos proxeccións diarias de películas –en total se proxectarán 13 títulos- e unha mesa fórum –nas que participan profesores da UDC- por día, ata chegar a cinco. A inauguración da Mostra correrá a cargo do Alcalde de Narón, e nesa mesma xornada se presentará unha exposición fotográfica sobre os antigos cines da comarca, que segundo os organizadores superan o medio centenar. Para clausurar o evento, o día 11 de Outubro está previsto un concerto da Banda de Música do Padroado de Narón, que interpretará bandas sonoras de cine.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal