Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVOS CORTES E DESVÍOS DE TRÁFICO DERIVADOS DAS OBRAS DO SANEAMENTO
A partir do vindeiro 1 de marzo aplicaranse restricións na rúa Concepción Arenal e no tramo localizado ata a glorieta do restaurante Casa Juanito
Narón, 27 de febreiro de 2017. Axentes da Policía Local de Narón e Ferrol mantiveron unha reunión nunha zona na que se desenvolven obras de saneamento, na Gándara, con persoal da empresa adxudicataria das mesmas, e acordaron aplicar unha serie de cortes e desvíos de tráfico na rúa Concepción Arenal, ata a rotonda situada nas inmediacións do restaurante Casa Juanito. A medida aplicarase a partir do vindeiro mércores, día 1 de marzo, desde as 14.30 horas, tal e como indicaron desde a Policía Local, e permanecerá operativa ata que rematen os traballos proxectados na zona. Desde a Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, presidida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, solicitan á cidadanía desculpas polas posibles molestias que a medida ocasione durante a tempada que permaneza en vigor, se ben recalcan a súa necesidade para continuar avanzando nas tan necesarias obras de saneamento integral da ría.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal