Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL PLANTOU ÁRBORES NO PASEO DE XUVIA A TRAVÉS DUNHA INICIATIVA DA CORPORACIÓN MASAVEU NA QUE COLABOROU O CONCELLO
Medio cento de alumnas e alumnos de sexto de Primaria encargáronse de plantar un total de trinta árbores pertencentes a tres especies distintas
Narón, 14 de marzo de 2017. Un grupo de medio centenar de alumnas e alumnos de sexto curso de educación Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón abandonou esta mañá un par de horas as aulas para participar nunhas xornadas de concienciación medioambiental impulsadas pola Corporación Masaveu, en colaboración co Concello de Narón. O alcalde, José Manuel Blanco; a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e os edís de Servizos e Obras, Ibán Santalla e Pablo Mauriz, respectivamente, participaron tamén na iniciativa, que contou coa asistencia, por parte da Corporación Masaveu, de Alicia Castro, responsable de Relacións Institucionais e Comunicación; Fernando Fernández-Tresguerres, responsable de Medio Ambiente, e Carlos Hugo Huerta, director da planta Cementos Tudela Veguín que o Grupo Masaveu ten no municipio naronés. Os alumnos e alumnas, coa axuda nalgúns casos do alcalde e dos edís do goberno local que acudiron ao acto, plantaron trinta árbores de tres especies distintas nas inmediacións da rúa Mercedes Vieito, no paseo marítimo de Xuvia, nun espazo cedido polo Concello para tal fin. Nesta sétima edición da convocatoria, os rapaces e rapazas plantaron oito exemplares de “abedul chino”; dez de “metrosideiro” –unha especie da familia dos mirtos, de folla perenne e con flor-, e doce máis de “cereixos de flor”. Trátase de especies de gran porte que poden alcanzar, na maioría dos casos, os vinte metros de altura e que se elixiron en función da súa resistencia ás zonas costeiras. Antes de proceder á plantación das árbores os alumnos e alumnas recibiron unha serie de explicacións por parte de xardineiros profesionais para proceder á correcta realización dos traballos. Plantaron as árbores en grupos de dous, deixando constancia da labor realizada por cada parella de escolares ao colocar unha cinta –a modo identificativo- co seu nome en cada unha das árbores que plantaron. Rematada a plantación os rapaces e rapazas degustaron un aperitivo no local da Asociación de Veciños Altea, tamén en Xuvia, para a continuación partir novamente cara ao centro escolar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal