Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN ESTREA A OBRA "SERÁ POR CAMIÑOS"
A representación terá lugar o 23 de marzo no Pazo da Cultura a partir das 20.30 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros
Narón, 22 de marzo de 2017. Nove alumnas e alumnos da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón subiranse o 23 de marzo ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra “"Será por camiños"”. O Padroado da Cultura produce este espectáculo, cuxas entradas se poden adquirir na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros. A representación dará comezo ás 20.30 horas. “"Será por camiños"” remontará ao espectador ao século XIII para contar unha historia que xira en torno ao Camiño de Santo André. Renata de Castro será unha das protagonistas desta historia, xunto con Gaspar, un xograr que ao igual que ela estaba no mosteiro do Couto e co que decide emprender unha aventura para fuxir dun matrimonio de conveniencia. Ambos parten do Couto cara a San André, percorrendo durante días unha ruta de peregrinaxe na que vivirán unha gran variedade de aventuras e coñecendo a numerosas persoas que lles contarán diversas historias. Trátase dunha obra teatral na que José Prieto e Manuel Areoso se responsabilizan da dramaturxia, mentres que Celia González se encarga da dirección. O elenco está formado por alumnado do último curso –-terceiro- da Escola de Teatro de Narón. Nesta ocasión interpretarán os diferentes papeis Carmen Caeiro, Xone Sanlópez, Susana Mauriz, Lidia Piñeiro, Luis Pillado, Maite Gayet, XoánPadín, Álex Combarro e Ángel Villar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal