Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A "III GALA SOLIDARIA FUNDACIÓN ALBA PÉREZ"
O Padroado da Cultura de Narón colabora un ano máis con esta iniciativa solidaria, con entradas a un prezo de cinco euros -á venda no Pazo e no establecemento Mónica Cereijo- e cuxa recadación se destinará á investigación e loita contra o cancro infantil
Narón, 31 de marzo de 2017. A “III Gala Solidaria Fundación Alba Pérez” de loita contra o cancro infantil celebrarase o vindeiro domingo, 2 de abril, no Pazo da Cultura de Narón. O Padroado da Cultura colabora un ano máis con esta iniciativa solidaria impulsada pola citada Fundación, unha entidades en ánimo de lucro. O evento dará comezo ás 18.30 horas e as persoas interesadas en colaborar deben aboar cinco euros pola entrada en concepto de donativo, unha recadación que se destinará á investigación e loita contra esta enfermidade. As entradas están á venda na billeteira do Pazo e no establecemento Mónica Cereijo (colaborador habitual desta gala), no número 13-14 da estrada de Castela, en Narón. Así mesmo, habilitouse unha Fila 0 para todas aquelas persoas que poidan realizar algún donativo. A conta solidaria aberta en “La Caixa” é: ES40-2100-0638-66-0200191250. O lema desta edición da convocatoria é “Alba loita desde o ceo… e ti, axúdasnos?”. Os presentadores da gala serán, nesta ocasión, Martín Alegre e o nedense Dani Ríos. Durante o transcurso desta convocatoria solidaria actuarán o monologuista Miguel Sincero; o músico Adrián López; alumnado da academia de baile Paso a Paso; The Kids Band; o Payaso Piruleta e Cía; Christian e África, campións de Bailes de Salón na categoría infantil; David Amor B Boy Peque, e Juan Moreno, do programa “Tú sí que sí”. Contará ademais coa colaboración, no apartado de fotografía, de Álex Coira. Os asistentes terán a oportunidade de recibir algúns dos agasallos que se sortearán para a ocasión: unha comida para dúas persoas en Casa Sindo; viños de luxo de Leonor; CD´s de Lucía Pérez; unha noite de hotel en Casa Zuleiro; un cofre de queimada do establecemento Teresa Firvida e un bono agasallo no Hotel Áncora. Colaboran tamén nesta proposta, entre outras, varias empresas de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal