Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL AVANZAN PARA ACTIVAR O SANEAMENTO DA RÍA ESTA SEMANA
A posta en servizo está pendente da aprobación no pleno de Ferrol do convenio con Augas de Galicia, que vai a una sesión extraordinaria o 4 de abril
Ferrol, 3 abril.- O saneamento da ría de Ferrol podería activarse este mesmo martes 4. Unha data sinalada e longamente agardada polos veciños dos concellos da contorna para iniciar o tratamento das augas negras da ría de Ferrol, en concreto as dos veciños dos municipios veciños de Ferrol e Narón a través da estación depuradora (EDAR) de Cabo Prioriño. A súa activación depende, unicamente, de que o pleno da corporación de Ferrol aprobe, este martes 4 en sesión extraordinaria as 12:30 horas, o convenio con Augas de Galicia, para activar o sistema cunha solución transitoria a espera de que se aprobe a imprescindible taxa do saneamento para garantir a viabilidade e sustentabilidade económica e xurídica do servizo. “É un longo camiño desde que iniciamos este mandato no que tratamos de regularizar a situación e paliar as innumerables deficiencias que nos atopamos na depuradora, tanto estruturais como administrativas”, resumía Jorge Suárez, que amosou a súa confianza en que, a partires do pleno de mañá, “poder dar unha boa nova a todos os veciños, en particular aos 500 familias dos mariscadores que viven do mar”. O primeiro edil expuxo que o Concello de Ferrol vai asumir, en réxime transitorio, e con recursos propios, o custo da activación do saneamento mentres non se aproba a necesaria taxa para a sustentabilidade económica do servizo. Así o manifestou, este mediodía, nunha rolda de prensa conxunta co alcalde de Narón, José Manuel Blanco Suárez, na Sala de Comisiones do Concello de Ferrol. Ambos amosaron o bo entendemento que existe entre os dous municipios, neste e noutros puntos, e que apostaron desde sempre pola cooperación e a urxencia de activar o saneamento ademais de fixar o reparto dos custos dos interceptores [Ferrol 70%-Narón30%] a través dun convenio que xa está sometido a información de Secretaría e fiscalización da Intervención Municipal, e que tamén lles foi remitido ao resto dos grupos. “Agardamos que mañá, se todo transcorre con normalidade, poida ser unha data histórica e poidamos estar celebrando que comeza o saneamento na ría de Ferrol despois de moitas dificultades”, manifestou Suárez. Pola súa banda, Blanco afeaba a Xunta, que é a propietaria da EDAR e da EBAR, a dilación no proceso. “Os concellos estabamos dacordo hai dous anos pero había que plasmalo por parte de quen era o propietario”, manifestou o rexedor de Narón, que amosou a súa confianza en camiñar, o antes posible, cara a mancomunización do servizo como é a intención da Mancomunidade de Concellos. A taxa polo saneamento, reiteraron hoxe os dous mandatarios, será idéntica para os veciños de Narón e Ferrol, en torno aos 72 euros anuais -seis ao mes- por domicilio e consumo medio de 10 metros cúbicos. Suárez recordaba tamén que está previsto o investimento de 5 millóns de euros para o saneamento de A Malata, por parte de Augas da Galicia, nun proxecto no que tamén se solicitou, desde o Goberno local, a inclusión do río Sardiña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal