Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E OS CENTROS QUÉROTE+ IMPARTIRÁN OBRADOIROS SOBRE A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL DIRIXIDOS ÁS ESCOLAS DE FAMILIA
A iniciativa forma parte das sesión dirixidas aos pais e nais que participan nas Escolas de Familia do Programa municipal de educación extraescolar "Promedex"
Narón, 4 de abril de 2017. Profesionais do centro Quérote+ impartirán mañá no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro un obradoiro sobre a orientación do desexo e a identidade sexual. A iniciativa, tal e como apuntou a edil de Ensino, Mercedes Taibo, enmárcase nas Escolas de Familia que forman parte do Programa municipal de educación extraescolar “Promedex”, e nas que participan unhas corenta persoas, repartidas en tres grupos de pais e nais. A sesión convocada no Alto terá lugar en horario de tarde, de 19.00 a 21.00. Taibo recordou que as Escolas de Familia son, en definitiva, “un espazo educativo máis, que se desenvolve durante o curso escolar e no que profesionais do eido da educación se encargan de informar e asesorar ás familias –aos pais e nais- sobre as dúbidas que lles poidan xurdir en canto á educación dos seus fillos e fillas”. Neste caso a actividade lévase a cabo a través de dinámicas grupais e en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dos centros Quérote+. Este mesmo obradoiro impartirase o vindeiro xoves, 6 de abril, no Centro Cívico Social da Solaina, en dúas quendas, de 9.30 a 11.30 e de 19.00 a 21.00 horas, tal e como avanzou a concelleira de Ensino.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal