Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E OS EMPRESARIOS, SATISFEITOS CO CAMBIO FEITO NO PROXECTO DE AMPLIACIÓN DA ESTRADA DE CEDEIRA
A Xunta de Galicia realizará esta obra á altura do polígono de As Lagoas
Narón, 30 de Maio de 2008.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha xuntanza de traballo entre os representantes municipais (o Alcalde de Narón e os portavoces dos grupos políticos do PP, BNG e PSOE), o delegado da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV) , Alberto González, e os presidentes das Asociacións de Empresarios de Ferrolterra (Jose Ramón Franco) e As Lagoas (Jose Luis Casal). O encontro foi convocado pola Xunta de Galicia, para presentar en Narón o proxecto de mellora da seguridade viaria da AC-566 (Estrada de Cedeira), á altura do Polígono de As Lagoas. Como se recordará, este proxecto causou grande inquietude entre os empresarios e os veciños afectados polo mesmo, e dende o Concello instouse á Xunta de Galicia a variar as obras recollidas no mesmo, co fin de escoitar as demandas dos propietarios. Logo de revisarlo, o delegado da COTOPV presentou hoxe en Narón un proxecto no que se recollen as modificacións prantexadas polo Concello e os empresarios “nun 90%. Estamos satisfeitos desta reunión, e dos cambios que a Xunta ten pensado realizar sobre este tema”, declarou o Alcalde, Xoán Gato. A principal novidade é que se construirán ata tres rotondas ó longo da Estrada de Cedeira, para regular o tráfico e garantir unha maior fluidez do mesmo, xa que se trata da vía de comunicación principal do polígono industrial de As Lagoas. A Xunta –propietaria da estrada, e promotora deste proxecto- comprométese tamén a manter a alineación das construccións existentes polo que entrarán dentro do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU). As obras que se executarán nun tramo de máis dun kilómetro de lonxitude suporán a ampliación da estrada principal ata chegar ós 7 metros de ancho, complementada cunha área de servizo de 4 metros, beirarrúas de 2,50 metros e zonas de aparcamento da mesma lonxitude. Para executar esta intervención, se realizará un retranqueo de 28 metros pero respetando as edificacións existentes. Pola súa banda, o delegado da COTOPV, Alberto González, engadiu que esta actuación permitirá aumentar a seguridade vial e a fluidez do tráfico, gracias á construcción de tres novas rotondas e ó cambio do separados entre os carriles. O proxecto orixinal contemplaba a construcción dun muro de separación, que agora se sustituirá por un pequeño bordillo que permitirá a movilidade dos camións que a diario circulan por As Lagoas. González lembrou que esta estrada ten unha intensidade de circulación de 16.000 vehículos diarios, polo que resulta imprescindible acometer unha actuación sobre ela. En representación dos empresarios, Jose Ramón Franco recalcou que “o cen por cen das nosas reivindicacións non o conseguimos, pero casi. Valoramos positivamente o cambio feito pola Xunta, sobre todo o feito de que se manteñan as alineacións previstas. E os pequenos detalles que aínda quedan son salvables”, dixo o presidente da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF). Jose Luis Casal, en representación dos empresarios de As Lagoas, engadiu que o proxecto presentado hoxe no Concello “supón un gran cambio con respecto ó anterior, e mellorará notablemente este polígono industrial. Fixeron unhas melloras aceptables”, dixo. Pero non é ésta a única actuación da que se beneficiará este parque empresarial xa que existe dende 2007 un convenio de reurbanización do mesmo, cun orzamento de catro millóns de euros, para mellorar os servizos. Colaboran a partes iguales o Concello de Narón, a Diputación de A Coruña, e as consellerías de Industria e Vivenda da Xunta.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal