Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O MUSICAL "A NENA E O GRILO"
O espectáculo, a cargo de Urdime Propostas Culturais, terá lugar o domingo 23 de abril no Pazo da Cultura, a partir das 18.00 horas.
Narón, 18 de abril de 2017. A compañía Urdime Propostas Culturais trae esta fin de semana ao Pazo da Cultura un dos seus espectáculos dirixidos ao público familiar (a partir de 3 anos). "A nena e o grilo" é o nome deste musical, que terá lugar o domingo día 23 ás 18.00 horas. As entradas, xa á venda, poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 9,50 euros para o público en xeral; de 6,65 para os abonados e desempregados e de 5,50 para menores de 14 anos. Neste espectáculo, dunha hora de duración, combínanse varios estilos musicais, como o pop, o rock, a música de autor e o folk, entre outros. A amizade entre unha nena e un grilo é o fío condutor deste musical. Os dous protagonistas descubrirán xuntos numerosas emocións e reivindicarán o dereito de todos e todas a ser felices. No directo actuarán Magín Blanco –voz e guitarra- e María Faltrí –voz e percusión-, se ben forman tamén parte deste espectáculo Jorge Juncal –piano e acordeón-; Xoán Curiel –actor, guitarra e voz- e Charo Pita –actriz, voz e dramaturxia-.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal