Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN E MOCIDADE CONVOCA TRES NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DE PROGRAMAS MUNICIPAIS
Os destinatarios dos cursos, que se impartirán a partir de mediados deste mes no Centro Municipal de Formación, son persoas desempregadas da localidade maiores de 18 anos
Narón, 2 de maio de 2017. A Concellería de Formación e Mocidade convoca tres novas accións formativas dirixidas a persoas desempregadas de Narón maiores de 18 anos. A edil da área, Natalia Hermida, anunciou que mañá abrirá o prazo de inscrición –que rematará o vindeiro 9 de maio- en dous cursos do programa municipal Habilita 2017 e nun do programa Mocidade 2017, tamén impulsado desde a administración local. As persoas interesadas en anotarse só poderán facelo nunha das tres accións formativas convocadas, ao coincidir as datas de celebración das mesmas. Os cursos ofertados con cargo ao Habilita 2017 son de: “Panadería e bolería”, dirixido a 15 alumnos/as e de 470 horas –nas que se inclúen 160 horas de prácticas en empresas-, que se impartirá do 15 de maio ao 26 de setembro no Centro Municipal de Formación; e de “Carretilleiro/a e PEMP con certificación UNE”, para 12 alumnos/as e do que se convocarán, tamén nas citadas instalacións- dúas edicións, unha do 22 ao 30 de maio e outra do 31 de maio ao 8 de xuño. Así mesmo, convócase un curso de “Xestión de vendas e atención ao público”, de 160 horas de duración, para 15 persoas e a impartir no Centro Municipal de Formación entre o 15 de maio e o 28 de xuño. Nesta última acción formativa o alumnado non poderá ter máis de 35 anos, ao tratarse da área de Mocidade. As persoas interesadas en inscribirse nos cursos deben facelo no Rexistro Xeral, entregando unha instancia xenérica que poden descargar da páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/servizos_municipais, ou recoller no propio Rexistro, en horario de 8.30 a 13.30. Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1123, 2602, 1120 e 1107). Na convocatoria do programa municipal de Mocidade 2017 pódese solicitar máis información chamando ao mesmo teléfono, pero nas extensións 1103 e 1111. A previsión da Concellería de Formación, Novas Tecnoloxías e Mocidade, dirixida pola edil Natalia Hermida, é convocar este ano accións formativas que, en conxunto, sumarán unhas seis mil horas. O total distribuirase entre a formación do programa Habilita 2017, financiado integramente con fondos propios do Concello; os cursos municipais dirixidos á Mocidade; as Accións Formativas para Desempregados (AFD), financiadas pola Xunta, e as actividades formativas a través das TICs na Aula Cemit de Xuvia e nas parroquias da zona rural, estas últimas tamén financiadas polo Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal