Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "III TORNEO DA LIGA IMPACT MODERN 2017" DISPUTARASE ESTE SÁBADO NO LOCAL SOCIAL DO ALTO DO CASTIÑEIRO
O Concello e a Asociación Cultural Impact colaboran neste evento, que comezará ás 10.30 horas e para o que está confirmada a asistencia de xogadores de distintos municipios de Galicia e Asturias
Narón, 4 de maio de 2017. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá este sábado, día 6, a terceira edición do torneo da Liga Impact Modern 2017 do xogo de cartas Magic The Gathering, organizado polo Concello e a Asociación Cultural Impact. A cita dará comezo ás 10.30 horas e na mesma está confirmada a asistencia de persoas de Narón e tamén doutros concellos galegos, como Ferrol, A Coruña, Santiago e Melide, e unha representación de xogadores de Asturias, se ben se interesaron polo evento afeccionados de Ourense e Pontevedra. Desde a Asociación Cultural Impact explicaron que os participantes continuarán competindo para conseguir unha das cinco plazas coas que conta a entidade para participar na final rexional galega de Modern, que terá lugar no mes de decembro. Así mesmo, os xogadores que vaian quedando eliminados nas distintas fases terán a oportunidade de participar en torneos paralelos durante a tarde, gozando deste xogo e optando a varios premios que se sortearán na xornada.
Descarga de archivos
Cartaz
Tamaño:266,63 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal