Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO TRALA MORTE VIOLENTA DUN MENOR EN OZA CESURAS
O pai do menor, presunto autor dos feitos, foi enviado a prisión sen fianza esta mañá polo xuíz
Narón, 11 de maio de 2017. Representantes da corporación local, presidida polo alcalde, José Manuel Blanco, e traballadores municipais sumáronse hoxe a unha concentración convocada ás 12.00 horas ante a porta principal do Concello. O colectivo, que portaba unha pancarta na que se podía ler: “Narón contra a violencia de xénero”, gardou un minuto de silencio en repulsa do asasinato, presuntamente a mans do seu pai, dun neno de 11 anos do concello coruñés de Oza-Cesuras e a continuación fixo ruído cunhas botellas de plástico en sinal de protesta e condeando calquera manifestación de violencia. O pai do menor, Marcos Mirás, foi detido o pasado luns e pasou a disposición xudicial esta mañá na Coruña. O xuíz enviouno a prisión sen fianza imputándolle varios cargos, entre eles homicidio ou asasinato. Desde o Consistorio naronés amosouse coa concentración e o minuto de silencio a máis firme repulsa a este suposto parricidio, condeando o sucedido.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal