Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHAS SEISCENTAS PERSOAS PARTICIPARON NO "VI ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL" CELEBRADO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
A cita desenvolveuse en horario de mañá e tarde e acolleu numerosas actividades protagonizadas pola veciñanza da localidade e tamén un xantar comunitario
Narón, 18 de xuño de 2017. Unhas seiscentas persoas participaron no xantar comunitario do “VI Encontro Municipal Interxeracional” que se celebrou no paseo marítimo de Xuvia. Baixo unhas carpas instaladas na zona instaláronse exposicións de diversos traballos realizados desde entidades veciñais e outras asociacións da zona. A cita comezou ás 11.15 horas, e a partir das 11.30 sucedéronse baixo unha das carpas numerosas actividades, abrindo o programa un desfile de Confección dun curso organizado polo Concello no marco dun programa de integración laboral e pechándoo ao mediodía –antes da hora do xantar- a actuación da Coral Municipal de Narón. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, dirixíronse aos asistentes para agradecerlles a súa presencia no acto e tamén para destacar o traballo realizado pola veciñanza a través das asociacións veciñais, así como o doutros colectivos implicados na organización do evento. Representantes dos grupos políticos da corporación local acudiron tamén ao Encontro Municipal Interxeracional, que un ano máis foi todo un éxito a nivel de participación. As sesións de zumba, musicoterapia, danza oriental, a actuación das Cantareiras do Val, de Jolly Jumper e dun grupo de acordeonistas amenizaron durante a mañá esta nova edición do “Encontro Municipal Interxeracional”. Antes de realizar unha parada para xantar, o alcalde e a edil de Promoción Económica entregaron uns agasallos aos representantes das entidades colaboradoras. Subiron a recollelos: Benedicta Fernández, da AVV “Virxe de Fátima”, de Freixeiro; Maribel Mauriz, da Sociedade Cultural Areosa; Carlos Rodríguez, da AVV “Chafarís”, do Alto; Paula Gárate, da Asociación Sociocultural ASCM; Diana Lata, dos Centros Comunitarios Municipais; Mariluz Sánchez, da AVV Santa Icía; Carmen Bellas, da AVV “Ceibe” de San Xiao; Noelia Couce, da AVV do Alto; Eva Blanco, da Asociación da Terceira Idade de Pedroso; Eva Castro, da asociación Bbtta; Ana López, da Fundación Terra de Trasancos; Ángeles Paz, do Club de Xubilados da Solaina; Brais Díaz e Amós García, de Aspanemi; Aurora Lage, da Asociación Nuestra Señora de Chamorro; Julia Montero, da AVV de Sedes; José Luis Escudero, da AVV Virxe do Mar; Teresa Taboada, do Círculo de Xadrez Narón; Adolfo Mira, da Asociación de Torneiros de Madeira “Virutas”; Beatriz López, da asociación Gaikai; Elena Varela, da AVV da Gándara e Consuelo Fernández, de Mulleres Rurais de Ferrerías. A programación retomouse de novo despois do xantar, sobre as 15.40 horas, cunha nova actuación de Jolly Jumper. Ao longo da tarde sucedéronse novas actuacións musicais, exhibicións de zumba e baile latino, unha xornada de Agility programada desde a asociación Aspanemi e unha exhibición de judo. No paseo marítimo de Xuvia puidéronse ver tamén diversas exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía, así como os traballos realizados nos obradoiros convocados en varias entidades da cidade. Pintura, talleres de lecto-escritura, encaixe de bolillos e torneado da madeira foron algunhas das actividades representadas. Así mesmo, programáronse roteiros de sendeirismo pola zona, cun percorrido de dous quilómetros polas inmediacións do río Xuvia, e delimitouse unha zona de xogos infantís. Os menores tamén tiveron a oportunidade de participar en varios obradoiros dirixidos por un equipo de monitoras.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal