Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LUIS PIEDRAHITA PROTAGONIZARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO O MONÓLOGO "LAS AMÍGDALAS DE MIS AMÍGDALAS SON MIS AMÍGDALAS"
As entradas para o espectáculo, que dará comezo ás 20.00 horas, poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da páxina www.padroadodecultura.es
Narón, 26 de xuño de 2017. Os monólogos regresarán ao Pazo da Cultura este sábado, día 1 de xullo, da man do artista Luis Piedrahita. “Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas” é o título deste monólogo-comedia que a compañía Etiqueta Negra traerá a Narón e que se representará a partir das 20.00 horas. O prezo das entradas é de 19 euros no patio de butacas e 15 nos anfiteatros na venda anticipada, se ben o propio día do espectáculo custarán 21 e 17 euros, respectivamente. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura e tamén a través da páxina web: www.padroadodecultura.es. Piedrahita deleitará ao público que asista a este espectáculo, de case hora e media de duración, incidindo en que só se vive unha vez. Amosará un mundo cheo de miserias, que existen pero que non deben facer sufrir, senón todo o contrario, polo que provocarán as risas dos espectadores. O humorista e escritor, moi coñecido polas súas aparicións en televisión e radio –El Hormiguero 3.0; El Club de la Comedia…- reflexionará sobre unha serie de temas da vida cotiá nun show tildado por algúns críticos como unha das obras “máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal