Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN DE POSTOS NO MERCADIÑO ARTESÁN DO OENACH ATLÁNTICO
As persoas interesadas en instalar os postos, que poderán abrir os días 29 e 30 de xullo, deben poñerse en contacto co Padroado
Narón, 28 de xuño de 2017. O Padroado da Cultura de Narón anunciou a apertura do prazo de inscrición de postos no Mercadiño Artesán do Oenach Atlántico, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xullo en Sedes. A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, reúne cada ano nesta parroquia de Narón a centos de persoas. Os postos poderán permanecer abertos nas xornadas do sábado e o domingo –días 29 e 30-, en horario de mañá e tarde, se ben os asistentes poderán montalos a véspera. As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información ao respecto deben poñerse en contacto coas oficinas do Padroado da Cultura de Narón, a través do teléfono 626 378 685 –chamando de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00- ou mediante o correo electrónico d.canovas@naron.es. As inscricións son de balde, tal e como se recalcou desde o Padroado.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal