Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCIÓN NO CONSISTORIO A CINCO MENORES DE CHERNÓBIL QUE PASARÁN DOUS MESES CON FAMILIAS DE ACOLLIDA DA LOCALIDADE
O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu o acto, acompañado por edís da corporación local e no que se entregaron varios agasallos ás catro nenas e o neno que estarán ata finais de agosto con catro familias da cidade
Narón, 29 de xuño de 2017. O Concello de Narón acolleu na mañá de onte unha recepción aos cinco menores que, procedentes de Chernóbil, pasarán dous meses con catro familias de acollida da localidade. O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu o acto, acompañado pola edil de Acción Social, Catalina García, e os portavoces municipais do PP, Marcos López e EU, André Abeledo. Asistiron tamén os familiares que acollerán aos menores e Montse Tuimil, coordinadora do programa na zona, impulsado pola ONG Ledicia Cativa. As catro nenas e o neno, de entre 9 e 14 anos, chegaron na madrugada do pasado día 22 e estarán na cidade ata o vindeiro 30 de agosto, tal e como indicou Tuimil. O alcalde e a edil de Acción Social deron a benvida aos participantes neste programa e agradeceron a colaboración das familias para que ano tras ano se poida desenvolver este programa na localidade. Así mesmo, anunciaron o seu compromiso para continuar difundíndoo na cidade. Esta proposta de acollida temporal concíbese en proceso recuperativo da saúde de nenos e nenas rusos afectados pola radiación de Chernóbil, ao proceder de zonas nas que tiveron lugar “desastres ecolóxicos”, tal e como se indicou desde a ONG. Agora pasan parte do verán coas familias naronesas, e nesta ocasión a totalidade dos asistentes xa participaran na iniciativa en anos anteriores. Os representantes da corporación local entregáronlles uns agasallos aos menores e tamén un cheque por un importe de 60 euros para que poidan canxear por material na Librería Galicia, en Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal