Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINOU DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS GAIKAI E XERACIÓN
Os responsables das entidades poderán facer uso da Casa da Mocidade para programar obradoiros dirixidos ás rapazas e rapaces
Narón, 4 de xullo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou esta mañá no Concello dous convenios de colaboración cos presidentes das asociacións Xeración (xuvenil) e Gaikai (cultural), Fracisco Xosé Sequeiro e Beatriz López, respectivamente. Ao acto acudiron tamén as concelleiras de Mocidade, Natalia Hermida, e Acción Social, Catalina García. O rexedor local destacou o traballo que realizan ambas entidades en Narón, con diferentes colectivos, e animou aos seus representantes a continuar traballando na mesma liña, a partir de agora, tamén desde a Casa da Mocidade, donde dinamizarán as actividades a realizar durante as fins de semana e dirixidas aos rapaces e rapazas, tal e como se contempla no acordo rubricado hoxe. As asociacións xuvenil Xeración e cultural Gaikai ofertarán aos mozos e mozas obradoiros no ámbito do lecer, podendo utilizar determinados espazos –a excepción da biblioteca, as aulas de informática e de música moderna- sempre supeditados ás necesidades do Concello para actividades municipais. O horario de uso será de luns a domingo, entre as 8.00 e as 00.00 horas pero a Casa da Mocidade non poderá ser sé de ningunha das citadas entidades, según figura no convenio. O Concello achegará recursos humanos –asesoramento técnico administrativo do Servizo Sociocomunitario- en materia do acordo e programas a desenvolver, e as propias instalacións, debendo pola súa banda as asociacións presentar memoria das actividades desenvolvidas, entre outros acordos. A vixencia do mesmo será ata o 31 de decembro deste ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal