Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O MERCADO MEDIEVAL
Un centenar de postos abirán a partir da tarde do 7 de xullo e durante esa xornada e os días 8 e 9 sucederanse varios espectáculos na zona
Narón, 4 de xullo de 2017. A concelleira de Festas, Mar Gómez, e Antonio e Brais Otero, da empresa Legend Especialistas, presentaron esta mañá o programa do Mercado Medieval que se celebrará do 7 ao 9 de xullo no parque fluvial de Freixeiro. A edil naronesa explicou que este ano participarán na convocatoria un centenar de postos e anunciou moitas novidades na programación, que dará comezo o venres, día 7, a partir das 18.00 horas. Gómez convidou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a desprazarse ao parque fluvial do Río Freixeiro para desfrutar do Mercado Medieval, unha cita que reúne cada ano na cidade a centos de persoas. Na xornada do venres, Olta Gabhar, Drako e Luis Oviedo animarán a zona do evento cun pasarrúas inaugural, no que interpretarán a varios personaxes para o público adulto e infantil. Sesións de trapecio, un pasarrúas musical e os espectáculos “O duende blanco e o minotauro”, o “A roda alemá e o trapecio con lume de despedida” formarán parte das propostas que terán lugar entre as 19.00 e as 23.00 horas. Tanto o sábado como o domingo os postos do Mercado Medieval reabrirán a partir das 11.00 horas e ata as 14.30 e pola tarde, de 18.00 a 23.00 horas. O día 8 de xullo terán lugar os espectáculos “El duende travieso nos visita”, pasarrúas musicais con Olta Ghabar e “O duende blanco e o minotauro recorren o mercado”, con Human no Limits. Ás 14.30 haberá un descanso nas actuacións, para que os asistentes teñan a oportunidade de degustar algún dos platos que se cociñarán nos postos gastronómicos que se instalen en Freixeiro. Xa pola tarde, a música, os personaxes fantásticos e os variados espectáculos, a cargo de Olta Ghabar, Human no Limits e Luis Oviedo, farán gozar de novo ao público asistente. O Mercado Medieval rematará na noite do domingo, unha xornada para a que tamén se programaron pasarrúas musicais e espectáculos dirixidos a todos os públicos. “A roda alemá e o trapecio con cintas”, “O duende blanco e o minotauro recorren o mercado”, Visita de personaxes fantásticos e “El conquistador de mundos” sucederanse ao longo da mañá e da tarde. O evento rematará con “Trapecio con telas e despedida con lume”, con Luis Oviedo como protagonista. Sesións de tiro con arco, obradoiros de pirografía, talla de madeira e outras especialidades, e un rincón infantil completarán a oferta deste ano no Mercado Medieval, donde tampouco faltará unha noria e outras atraccións para os nenos e nenas.
Descarga de archivos
Programa Mercado Medieval
Tamaño:2,75 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal