Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL SOLICITA Á DEPUTACIÓN DA CORUÑA A TRANSFERENCIA DE TRES VIAIS DE TITULARIDADE PROVINCIAL
O concelleiro de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, reuniuse co responsable de Vías e Obras da administración provincial, José Manuel Pequeño, para solicitar a transferencia das travesías da Gándara e Concepción Arenal e da avenida de Santa Icía
Narón, 11 de xullo de 2017. O concelleiro de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica, Pablo Villamar, reuniuse a pasada semana co responsable de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, para abordar a posibilidade de que a administración provincial transfira á local algúns viais da súa titularidade. O edil naronés valorou a “boa disposición” amosada desde a Deputación para colaborar na transferencia das travesías da Gándara e Concepción Arenal e da Avenida de Santa Icía. A solicitude formulada desde o goberno local naronés está en fase de estudo por parte da administración provincial, tal e como apuntou Villamar. O edil de Promoción Económica destacou o feito de que “no caso de que esas vías pasen a ser de titularidade municipal o Concello poderá acometer nelas unha serie de intervencións que permitirán continuar avanzando en áreas como a mellora de accesibilidade nas estradas e beiravías da cidade”. Precisamente esta última é unha das reivindicacións formuladas desde a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, cuxos representantes se reuniron hai uns días co edil de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica. A petición da transferencia dos citados viais é unha vella reivindicación do goberno local naronés, que xa a inicios do anterior mandato xestionou desde Alcaldía esta demanda e que, lamentablemente, tal e como se apuntou, non foi posible materializar co anterior presidente da Deputación da Coruña. “Confiamos en que nesta ocasión as xestións e o bo entendemento reinante na actualidade entre ambas administracións dean os seus froitos”, subliñou Villamar. O edil naronés incidiu no feito de que desde o goberno local, e á vista do transcurso da reunión, “confiamos en que as nosas peticións se materialicen”. Así mesmo, na xuntanza, Villamar e Pequeño tamén falaron sobre o proxecto que a Deputación ten pendente de executar no último tramo da estrada do Feal. A maiores da ampliación da calzada no traxecto no que é máis estreita, desde o goberno local naronés incidiron na necesidade de que ese proxecto contemple a dotación dos servizos de abastecemento e saneamento nese tramo. Así llo manifestou Villamar ao responsable de Vías e Obras da Deputación, que pola súa parte se comprometeu a analizar esa posibilidade. “Desde o goberno local de Narón continuamos apostando por ofrecer vías de colaboración entre as administracións, defendendo un entendemento que en todo momento redundará en beneficio dos veciños e das veciñas de Narón”, recalcou Villamar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal