Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE ESTATÍSTICA RECORDA Á VECIÑANZA DO VAL QUE NON DEBE COLOCAR A NOVA NUMERACIÓN DAS SÚAS VIVENDAS ATA QUE SE ACTUALICE A INSCRICIÓN PADROAL
A actualización da inscrición padroal notificarase ás veciñas e vecinos da parroquia a través dunha carta, tal e como apuntou a edil de Estatística, Mar Gómez
Narón, 28 de xullo de 2017. A concelleira de Estatística, Mar Gómez, recordou á veciñanza do Val que as pegatinas que se facilitaron coa nova numeración das vivendas non se deben colocar ata o momento no que os propietarios dos inmobles reciban unha notificación coa inscrición padroal actualizada. A edil naronesa incidiu en que o enderezo que se lles notificou hai unhas semanas é provisional e, polo momento, está suxeito a posibles cambios, tal e como se lles indicou a través dunha carta remitida desde o Concello. Unha vez que se notifique á veciñanza -tamén a través dunha carta- a inscrición padroal actualizada, poderanse colocar as pegatinas e tamén dar conta dos cambios aos distintos organismos e empresas subministradoras de diferentes servizos, tal e como explicou Gómez. “No caso de que as veciñas e veciños coloquen xa as novas numeracións nas súas vivendas pode ocasionar, polo momento, problemas en determinados servizos, ao non estar actualizada a inscrición padroal”, recalcou a concelleira de Estadística. A edil naronesa valorou unha vez máis a colaboración prestada polas veciñas e os veciños do Val durante o proceso levado a cabo para renumerar as vivendas e rotular os camiños localizados na citada parroquia.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es