Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CELEBRACIÓN GASTRONÓMICA DO PORCO Ó ESPETO TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO EN PEDROSO
As persoas interesadas en asistir á cea programada para o 26 de agosto poden adquirir aínda os tickets do menú en diferentes locais da parroquia
Narón, 24 de agosto de 2017. O Concello de Narón e a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, organizan unha nova edición, a sétima, da festa gastronómica do Porco ó espeto. A cita terá lugar o vindeiro sábado, día 26, a partir das 21.30 horas na pista polideportiva de Pedroso, baixo unha carpa instalada para a ocasión. Así o anunciou a concelleira de Festas, Mar Gómez, que animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta tradicional celebración organizada na parroquia de Pedroso. Os asistentes poderán degustar un menú a base de porco ao espeto ou churrasco, pan e patacas, bebida, postre e café, por un prezo de 15 euros, e tamén se cociñará un menú infantil –igual que o anterior-, para menores de 7 a 14 anos, a un prezo de 7 euros. A celebración estará amenizada con música en vivo, pola artista Tania. As persoas interesadas en asistir á cea poden adquirir os tickets –ata esgotar os dispoñibles- no local social da Pombiña, e nos establecementos colaboradores: o Café Bar Cuco e Maxi Pedroso. Tamén colabora neste evento a Deputación da Coruña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal