Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN DAS TAXAS POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE
As solicitudes poderán tramitarse no Concello entre os días 1 e 20 de setembro, ambos incluídos
Narón, 29 de agosto de 2017. O Concello de Narón abrirá o vindeiro venres, día 1 de setembro, o prazo de solicitude de bonificacións das taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable correspondentes ao ano 2018. As persoas interesadas en acollerse a estas bonificacións, que terán que cumprir unha serie de requisitos, deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou ao Servizo Sociocomunitario Municipal –no primeiro andar-, dispoñendo de prazo ata o 20 de setembro, incluído, para poder tramitar estas bonificacións. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Consistorio de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.00 horas. Desde o goberno local incidiuse no feito de que todas aquelas persoas que teñan concedida a bonificación para o presente exercicio -2017- non teñen que volver a solicitala no caso de que non variasen as circunstancias que no seu día se tiveron en conta para a súa concesión. Si están obrigadas a tramitalas de novo se variaron esas condicións ou se teñen concedido o 50% pero cumpren os requisitos para optar ao 75% de bonificación. Para obter máis información ao respecto, a relación da documentación a presentar e o impreso de solicitude as persoas interesadas poden dirixirse ao Rexistro municipal ou ao Servizo Sociocomunitario Municipal, tal e como se indicou desde a administración local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal